Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar solicita novos colectores para o municipio.

O Concello de Gondomar solicita novos colectores para o municipio.

Correo-e Imprimir PDF
colectores-lixo-gondomar

A concellaría de Medio Ambiente de Gondomar anunciou que están a trámite un conxunto de oficios co fin de obter novos colectores de lixo para o municipio. As solicitudes foron presentadas ante a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a asociación Ecovidrio, segundo informou o concelleiro responsable Juan Carlos González.

 

De igual xeito, esta solicitude levouse a cabo o pasado ano obtendo resposta tanto por parte da Xunta de Galicia coma por Ecovidrio. Deste xeito, a Xunta colaborou dotando ao Concello con dez colectores, mentres que Ecovidrio achegou seis, segundo a concellaría.

Os responsables municipais esperan que esta nova petición sexa tamén atendida e, así, poder renovar e ampliar os puntos de recollida tanto orgánica coma de recollida selectiva.