Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Continúan as reposicións e limpezas das estacións de bombeo de augas residuais nas parroquias de Gondomar.

Continúan as reposicións e limpezas das estacións de bombeo de augas residuais nas parroquias de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
bombeo-borreiros

-A zona do Castro (Borreiros) conta con dúas bombas novas para a xestión de augas residuais dende o mércores pasado.

- Este mesmo día, tamén se procedeu a realizar unha limpeza de lodos na estación de bombeo da Torre en Chaín.

O Concello de Gondomar procedeu o día 30 de xaneiro á realización dos traballos de substitución das bombas de augas residuais do bombeo do Castro en Borreiros, debido ao mal estado das xa existentes.

As actuacións consistiron na renovación das dúas bombas existentes, xa que segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González "unha non traballaba e a outra facíao de xeito deficiente". En primeiro lugar, desmontáronse as instalacións en mal estado para continuar coa limpeza da cámara de bombeo. Finalmente, levouse a cabo a colocación das dúas novas bombas "de maior eficiencia, tanto en bombeo como enerxeticamente" en opinión do concelleiro.

Ese mesmo día, tamén se procedeu a realizar unha limpeza de lodos na estación de bombeo na Torre en Chaín.

O Concello de Gondomar comunica que continúa deste xeito, "coa renovación das súas infraestruturas, no que a augas residuais se refire, evitando en todo o posible os vertidos que se puidesen producir" .