Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar comprométese a abrir o debate do PXOM ás parroquias e grupos sociais.

O goberno de Gondomar comprométese a abrir o debate do PXOM ás parroquias e grupos sociais.

Correo-e Imprimir PDF
VISTA AREA_DE_GONDOMAR

-Os concelleiros nacionalistas de Gondomar (ANOVA) comprometeron ao alcalde Fernando Guitián á apertura social do debate durante unha xuntanza informativa mantida este xoves.

-Segundo o compromiso asumido, abrirase un período non menor a dous meses paras que os grupos veciñais poidan informarse, estudar o plan e plantexar suxestións, a unha redacción do PXOM que os nacionalistas cualifican como baleira dun modelo e máis como para "saír do paso" .

O concelleiro Antonio Araúxo (ANOVA), informou esta tarde que o alcalde Fernando Guitián (PP), comprometeuse a abrir un período non inferior a dous meses de información e recollida de suxestión na que participen " todas as entidades cívicas, culturais, ecoloxistas, veciñais que desenvolven o seu traballo en Gondomar, así como á Entidade Local Menor de Morgadáns".

As roldas informativas incluirían a convocatoria da Axenda 21 local, co xeito de buscar o maior consenso posible nos contidos do futuro plan urbanístico do municipio.

Araúxo fundamentou o compromiso esixo ao alcalde no senso de "entender que os partidos políticos non debemos ter máis privilexios que o resto dos cidadáns".

Críticas á actual redacción do PXOM.

"Na xuntanza de hoxe tamén se falou dos diferentes aspectos recollidos no PXOM encanto ao modelo urbanístico que se propón no mesmo", sinala Araúxo. Agrega que o grupo nacionalista formulou a súa discrepancia co modelo proposto, "ou se cadra teríamos que falar da carencia de modelo, pois máis ben parece un PXOM para saír do paso que para resolver as graves carencias que Gondomar ten en materia de ordenación territorial", agregou.

A modo de exemplo, o portavoz local de ANOVA opinou que os núcleos rurais están "reducidos en exceso e máis alá do recollido pola Lei do Solo sen aparente explicación e que deixan fóra dos mesmos a ducias de vivendas".

Nese senso sinalou que a redacción do PXOM plantexa un modelo "dasarrollista" para Vila de Gondomar:" inviable economicamente, de imposible xestión e que ignora os ríos que nos abrazan, no canto de telos en conta coma eixos vertebradores dun espazo urbano atractivo e que sexa punto de encontro, espazo de lecer, para os negocios, etc. Unhas ordenanzas pouco traballadas e nalgúns casos ambiguas".

Por riba, segundo o estudo feito pola agrupación opositora, os lindeiros entre Gondomar e outros concellos "están sen definir con claridade, deixando fóra do termo municipal a moitas vivendas, barrios, propiedades, camiños. Ou deixar sen protección específica espazos naturais de grande biodiversidade como son as Fragas de Oliveira e de Pegonegro."

Araúxo matizou que en todo caso "o debate urbanístico queda aberto. Agora dependerá dos representantes públicos, dos axentes sociais, das entidades cívicas, e da veciñanza en xeral, que o modelo escollido e aprobado sexa o mellor para Gondomar".