Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar ANOVA Gondomar fai público o documento do PXOM na súa web.

ANOVA Gondomar fai público o documento do PXOM na súa web.

Correo-e Imprimir PDF
anova pxom


Os cinco concelleiros non adscritos decidiron facer público o documento do PXOM de Gondomar "porque os políticos non somos unha casta superior que deba ter máis privilexios que o resto da cidadanía", afirman. A documentación pódese descargar na web de ANOVA Gondomar, grupo político ao que responden os concelleiros escindidos do BNG, que deste xeito, contraveñen a orde do goberno municipal que restrinxe o seu  acceso ao grupo de concelleiros integrantes do Pleno.

 Os documentos do PXOM foron entregados pola alcaldía o pasado 29 de novembro nunha copia dixital. Para os nacionalistas, "o PXOM do PP nace cun grave "pecado orixinal" que vén dos tempos de Urgal e de Lis". Nembargante, "coma fixemos sempre, poremos por diante do interese partidario o interese xeral e o ben común. Por iso ímolo estudar a fondo, enmendar se fora caso e, sobre todo poñelo a disposición da cidadanía", sinalan.

Os nacionalistas matizan que "é un documento tan importante debe ser coñecido dende o primeiro momento", polo cal decidiron espallarllo nas redes. " O debate urbanístico queda aberto!", sinalan nun comunicado público.