Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Con circulación restrinxida aos 17 concelleiros aterrou o novo PXOM de Gondomar.

Con circulación restrinxida aos 17 concelleiros aterrou o novo PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
VISTA AREA_DE_GONDOMAR

- A entrega fíxose esta mañá durante a comisión informativa na que se presentou o PXOM aos grupos políticos polos técnicos de EPTISA, empresa redactora do plan

-Unha previsión de 4000 vivendas novas a construír nos 12 anos de vixencia do PXOM delimitará as novas áreas urbanizables no concello de Gondomar.

-O documentación do PXOM só estará dispoñible para os grupos políticos con representación no Pleno da Corporación. O alcalde prevé que o documento circule polas parroquias unha vez feita a aprobación inicial, a máis tardar sobre o mes de marzo.

Hoxe presentouse aos grupos políticos municipais o novo PXOM no Centro Neural de Gondomar. Durante o acto, no que estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, como o concelleiro de Urbanismo, Carlos Lameiro, e os técnicos da empresa redactora, fíxose entrega a cada un dos grupos políticos con representación no pleno dunha copia en formato dixital do PXOM.

Coa aclaración de que o documento aínda "non é público", Fernando Guitián declarou a Valminor.info que o documento reflexa en boa medida o xa traballado polo anterior goberno municipal do tamén popular Martín Urgal e baixo a dirección urbanística de Alfonso de Lis. Nese senso, matizou que o mesmo reflexa dalgún xeito o plan de 1997, pero que agora contén tódalas correccións e ten superado os reparos que en número importante a Xunta de Galicia fixo sobre o documento.

Próximo a 3.600 vivendas poderán construírse nos vindeiros 12 anos.

Neste contexto, púidose saber que novo PXOM prevé a construción de 4000 novas vivendas no marco dos 12 anos que terá de vixencia o planeamento. Dado que Gondomar xa ten unha construción estimada nunhas 8.000 vivendas, das cales un 5% delas están sen ocupar, o "colchón" de crecemento real estará nunhas 3.600 novas construcións. Cifra delimitada pola previsión de crecemento feita polos técnicos da Xunta.

O documento non será exposto publicamente ata despois da súa aprobación inicial.

O manexo da documentación estará reservada aos grupos con representación no Pleno, informou o alcalde. Consultado sobre a posibilidade de espallar o mesmo entre os distintos colectivos sociais do municipio, Guitián afirmou que iso ocorrerá despois da aprobación inicial do PXOM. Decisión que fundamentou nas normas que rexen a devandita tramitación.

Nesto eido, o alcalde afirmou que a documentación foi entregada co obxectivo de que os grupos políticos poidan estudar con tempo o material , co xeito de posteriormente achegar suxestións e alegacións que deberán ser estudadas na súa viabilidade e legalidade polo equipo redactor. Se ben non hai un prazo pre establecido, o rexedor espera ter o documento nun pleno para a súa aprobación inicial, o máis tardar en marzo de 2013.

Guitián afirmou que os prazos estarán máis acoutados pola busca de "consensos que pola rapidez". Nese senso, reiterou que é tempo de aprender do pasado recente, que en materia de urbanismo colocou ao concello nunha crise política que asegurou, este proceso debe superar. Nomeadamente, o rexedor afirmou que en "Gondomar débese quitar a política partidista do urbanismo".