Denuncian achado de bidóns con produtos inflamables nunha canteira abandonada na Serra do Galiñeiro.

Imprimir
IMGP9789
IMGP9794
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Espallados entre unha morea de entullo nas instalacións da antiga canteira de Vilas (Morgadáns), membros da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro atoparon recipientes con líquidos inflamables e tóxicos abandonados no lugar. O achado foi posto en coñecemento da Policía Local de Gondomar a que segundo informaron esta tarde dende a Plataforma, fixo a correspondente notificación ás autoridades do SEPRONA. Os bidóns, de diferentes dimensións, conterían aceites, valvulina e gasolina segundo os veciños

 

A presenza destes produtos tóxicos nunha canteira que deixou de funcionar hai anos, preocupa ao colectivo polo inminente perigo que os mesmos representan. Denuncian que o achado evidencia a falla dos debidos controis por parte das autoridades competentes. Por outra banda, o xeito de que a advertencia ás autoridades foi feita hai máis de 20 días, e que aínda os líquidos estean sen retirar do lugar afonda o estado de alerta na zona.

O achado non é un feito illado. A Asociación A Groba leva identificados e xeolocalizados na súa web 160 puntos ilegais de vertedoiros incontrolados, acumulación de entullo, lixo e produtos contaminantes en todo o Val Miñor. Un control que ante a falla de resposta das administracións públicas están a desenvolver os propios membros da asociación coa colaboración de veciños da bisbarra.