Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar ACHEGO "baixa o telón" e prepara a liquidación dos seus bens afogada polas débedas.

ACHEGO "baixa o telón" e prepara a liquidación dos seus bens afogada polas débedas.

Correo-e Imprimir PDF
web-achego

Endebedada e sen recursos económicos, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO) enfronta un proceso de disolución que rematará nun peche total de actividades nos vindeiros días. Só a liquidación dos poucos activos do colectivo cara a deixar con "débeda cero" a curta andaina desta asociación, mantén a súa derradeira directiva con reunións periódicas, informou o vice presidente da mesma, Manuel Piñón a Valminor.info. O correo electrónico da asociación xa devolve as mensaxes dirixidas á entidade cunhas breves liñas que informan que " Desde el pasado 1 de octubre Achego ha dejado de funcionar y ahora estamos en proceso de disolución."

O peche de ACHEGO chega tras máis dun ano onde a falla de actividade da masa social, e unha serie de irregularidades como a falta de cobro durante case un ano da cuota aos asociados, levaron a que pouco a pouco os fondos da sociedade se esgotasen. En xuño pasado, e xa cunha situación financeira e social delicada, unha nova directiva presidida por Patricia Vázquez -quen xa formara parte da directiva anterior- intentou un rescate de ACHEGO. A fórmula intentara a través dunha cuota aos sociall próxima aos 30 euros permitir dotar de fondos á sociedade, cara a consecución das actividades, así como para a contratación dunha xerencia capacitada para a xestión da institución. Pero a iniciativa só contou co apoio duns vinte asociados, o que non permitía a xuízo dos directivos levar adiante o proxecto.

Nos vindeiros días, os socios de ACHEGO serán comunicados "oficialmente" da decisión de peche a través dunha carta da directiva, informou non sen tristura, Manuel Piñón, un dos novos integrantes da directiva electa en xuño. Unha comunicación que porá fin a sete anos de vida do colectivo que naceu oficialmente en xaneiro de 2005, " co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar soporte aos empresarios que operan no Eixo Comercial do Val Miñor, concretamente no Concello de Gondomar" como proclamaba a súa carta fundacional.