Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar 75 mulleres reciben capacitación gratuíta en modalidade on-line a través do CIM Gondomar.

75 mulleres reciben capacitación gratuíta en modalidade on-line a través do CIM Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
mujer con_pc

Setenta e cinco mulleres, na súa maioría de Gondomar, participan de seis cursos que a través de internet está a coordinar a Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller. Por quinto ano consecutivo o CIM está a traballar nesta modalidade on-line co obxectivo de brindar capacitación gratuíta en diversas áreas a mulleres desempregadas e en activo.

 

Dende o CIM, sinalan que cada ano reciben máis solicitudes, polo que as prazas foron outorgadas por "rigoroso orde de formalización da inscrición e con preferencia de mulleres empregadas e desempregadas de Gondomar", sinalan. Este ano a concellería recibiu cen solicitudes de prazas, finalmente, ademais das veciñas de Gondomar, tamén participan alumnas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Moaña, Vigo e Pontevedra, informou o CIM.

O éxito destes cursos atópase na metodoloxía " flexible e adaptada ás necesidades de todas e cada unha das alumnas", afirma Susana Fernández García, técnica do CIM.

A oferta formativa deste ano foi:

­ Área de informática: Office 2007 e Open Office Writer, Calc e Base

­ Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus

­ Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais

­ Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico

­ Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades

­ Idiomas: Inglés intermedio

Ao igual que en edicións pasadas os cursos son gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que é de 60 horas, contando con 8 semanas para a súa finalización. As alumnas dispoñen de 8 semanas para a realización dos mesmos, podendo conectarse a calquera hora do día dende calquera ordenador con conexión a internet.