Martes, 5 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas cualifican como "visita electoral" a presenza de Agustín Hernández en Gondomar.

Nacionalistas cualifican como "visita electoral" a presenza de Agustín Hernández en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
guitian-hernandez


Os cinco concelleiros nacionalistas -non adscritos- de Gondomar cualifican como unha "visita electoral" a presenza no municipio do conselleiro da Xunta e tamén candidato polo PP de Pontevedra nas vindeiras eleccións autonómicas, Agustín Hernández. A través dun comunicado, sinalan que o titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, contradíxose ao falar da "inminente aprobación do PXOM , cando el mesmo, o pasado mes de xullo, fixou por medio dunha comunicación oficial ao Concello, a súa aprobación para o ano 2016."

 Os nacionalistas tamén cuestionan o plan de saneamento presentado o martes pasado no municipio, xa que consideran que o mesmo ven a "corrixir as obras mal feitas nos anos 90 pola propia Xunta de Galicia gobernada polo PP". Nese senso afirman cos 3,5 millóns de euros que se terán que investir neste proxecto, son "cartos públicos que non sería preciso gastar de novo se as obras se fixeran con un mínimo de control".

 

Declaracións á prensa do conselleiro Agustín Hernández en Gondomar.

Dim lights Embed Embed this video on your site

A Pasaxe

Para os concelleiros escindidos do BNG, Hernández anuncia actuacións no Polígono Industrial da Pasaxe, "cando todo mundo sabe que o traballo feito no mandato do alcalde Antonio Araúxo e da Conselleira Teresa Táboas foi desmantelado e paralizado polo Goberno da Xunta do Sr. Feijoo nada máis chegar no 2009, ademais de suprimir a consignación orzamentaria que había para a súa realización de 12 millóns de euros".

Intento de "resucite" do PP en Gondomar.

Para os edís nacionalistas, trátase dun intento de "resucite" do PP e en especial do goberno municipal de Gondomar a dez días do inicio da campaña electoral cara ás autonómicas. "Un goberno municipal que neste ano e medio ten como carta de presentación a perda de miles de euros en subvencións, ou uns orzamentos municipais aprobados o pasado xoves onde a previsión para investimentos reais neste ano son de 108.000€ , mentres que para salarios do propio goberno hai máis de 240.000€.", sinalan

O grupo nacionalista rexeita este tipo de visitas ás que cualifica de "electorais", e ironiza sobre a mesma: "Para rematar, dicirlle ao Sr.Conselleiro-CANDIDATO, que en Gondomar xa estamos acostumados a este tipo de anuncios en campaña electoral , e que sabemos distinguir entre o que é propaganda barata e boa xestión".