Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar As agrupacións do BNG do Val Miñor e Vigo celebrarán a Festa do Día da Patria este domingo en Gondomar .

As agrupacións do BNG do Val Miñor e Vigo celebrarán a Festa do Día da Patria este domingo en Gondomar .

Correo-e Imprimir PDF
francisco jorquera

 

 O BNG celebra este domingo 15 de xullo, ás 18:30 horas na Alameda de Gondomar (Praza Manuel Alonso) a Festa do Día da Patria baixo o lema "Rescata os teus dereitos. En Bloque Podemos". O acto contará coa presenza de Francisco Jorquera, portavoz no Congreso dos Deputados e candidato á presidencia da Xunta de Galicia pola agrupación nacionalista.

O acto enmárcase nun conxunto de actividades que ao longo de Galicia está a desenvolver o BNG cara á celebración central do Día da Patria, o vindeiro 25 de e nas que está a plantexar a súas críticas á actual condución política do goberno do PP ante a crise.  A actividade en Gondomar nucleará á tódalas agrupacións da bisbarra do Val Miñor e Vigo.

Durante a celebración terá lugar un concerto do grupo folk Zurrumalla e unha mesa de confraternidade con viño e petiscos.