Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG convoca un acto para explicar o borrador da Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras

O BNG convoca un acto para explicar o borrador da Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras

Correo-e Imprimir PDF
Organizacións labregas e de defensa do medio ambiente de toda Galicia oponse á utilización do Flufenoxuron

O BNG do Val Miñor organiza para este venres un acto público ao que asistirá oa deputado nacionalista Henrique Viétez para explicar o borrador da nova Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras nos concellos miñoráns.

No acto intervirán o presidente da Organización Galega de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o deputado do BNG no Parlamento galego, Henrique Viéitez.

  O BNG explicará o próximo venres, nun acto aberto no Centro cultural de Borreiros, a proposta de borrador presentada pola Consellaría de Medio Rural  que segundo argumentan "non recoñece a titularidade comunitaria dos montes veciñais, catalogación recoñecida polo Gabinete xurídico da Consellaría e do Parlamento no seu día". A propiedade comunitaria é un sistema de xestión do monte que se remonta varios séculos atrás, tendo os seus inicios no dereito xermánico. É característica de Galiza e o norte de Portugal, onde está recoñecida na propia Constitución da República.

Engaden que o novo proxecto de lei non dá resposta aos problemas estruturais e aumenta a desprotección fronte aos lumes. "O borrador presentado polo goberno non introduce melloras na actual situación de falta de ordenación e proliferación de especies pirófitas. O único obxectivo desta Lei de Montes elaborada polo goberno do PP é o desmantelamento da Lei de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galiza promovida polo BNG dende o anterior goberno da Xunta."

Neste sentido o BNG expresará o seu apoio á manifestación convocada pola Organización Galega de Montes en Man Común prevista para o día 9 de xuño.

As fumigacións nos montes galegos

No tocante á proposta de fumigacións das empresas papeleiras, o BNG explicará as consecuencias e perigos deste tipo de paliativo químico dispersivo. O BNG solicitará aos comuneiros que non autoricen estas fumigacións nas súas propiedades, polas súas nefastas consecuencias sobre a saúde dos seres vivos. O BNG sinala que a industria papeleira pretende fumigar moitas zonas do país con Flufenoxuron, un produto tóxico para insectos e ácaros, de degradación lenta e que se acumula en diferentes organismos acuáticos.

A Unión Europea, o 9 de febreiro de 2012, ordenou que produtos con ese compoñente deixen de comercializarse a partir do 1 de agosto de 2012, por mor da súa toxicidade e por ser biocaumulábel.

Este acto terá lugar no centro cultural de Borreiros ás 20:30h no Centro Cultural de Borreiros.