Gondomar solicitará 1.7 millóns de euros para pagar aos provedores, dos cales case un millón levará GESECO.

Imprimir

O Concello de Gondomar solicitará un crédito do 1.7 millóns de euros a fin de facer fronte ao pasivo das súas contas en materia de débedas cos provedores. Dese montante case 1 millón será destinado ao pago de factura de GESECO, empresa encargado da recollida de lixo no municipio. O crédito, será concedido no marco da nova regulamentación do Real Decreto 4/2012, aprobado o pasado 24 de febreiro, que obriga ás entidades locais a certificar a débeda acumulada con provedores ata o 31 de decembro de 2011, e a presentar antes do 31 deste mes un plan de axuste para afrontar o pago de devandita débeda.

A información xurdiu durante o desenrolo do pleno extraordinario celebrado esta mañá no municipio. O que ocasionou un debate intenso, onde a oposición acusou ao goberno do bipartito (PP-CDL) de unha mala xestión das contas. De feito, dende filas nacionalistas denunciouse a oportunidade de un crédito que o municipio deberá pagar nun prazo de 10 anos cuns xuros próximo ao 5% anual. Tamén denunciouse a existencia de facturas, dentro do paquete de débedas por cifras cualificadas de "irrisorias", pola oposición. Dende unha de 7 euros pola compra dunha caixa de CD's, ata outras por 30 e 50 euros. Unha realidade que segundo o concelleiro Xosé Antón Araúxo, demostra " a absoluta falla de xestión deste goberno municipal".