Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O pleno de Gondomar deberá autorizar un crédito de 290.000€ para o pago de facturas atrasadas.

O pleno de Gondomar deberá autorizar un crédito de 290.000€ para o pago de facturas atrasadas.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

O goberno de Gondomar necesita facer fronte a 288.953,16€, en concepto de débedas atrasadas. Para iso, de non haber sorpresas, a maioría de 9 concelleiros do bipartito PP-CDL,  aprobará no pleno municipal deste xoves 3 de novembro, un recoñecemento extraxudicial e mais un suplemento crediticio que cubran esa cantidade. A devandita partida inclúe 73.953,23€  correspondentes a facturas presentadas pola concesionaria da recollida de lixo GESECO.

As cifras das débedas foron reveladas hoxe polo grupo municipal do BNG, quen adiantan que con este pago a GESECO "o custe da recollida dos residuos en Gondomar pasa do MILLÓN de Euros ao ano por mor do que vén pagando o PP xenerosamente fóra do contrato".

Entre as facturas que se van pagar, para o BNG "segue habendo facturas de difícil explicación como os 60.000€ de consumo eléctrico en decembro de 2010, a construción de muros sen moita xustificación, horas extras, ordenadores a tutiplé ou, o  mobiliario dos despachitos dos concelleiros con cadeiras de 300€, etc."

O recoñecemento extraxudicial de crédito e mais o suplemento son as únicas propostas que presentará o goberno de Gondomar no que será o  terceiro pleno ordinario do seu mandato. Por outra banda, a oposición ten rexistradas 12 iniciativas sobre diferentes problemáticas municipais, 8 do BNG e 4 do PSOE.

O pleno terá lugar este xoves 3 de novembros ás 20 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.