Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar anuncia que o PXOM ingresa na súa etapa final previa á aprobación inicial.

O Concello de Gondomar anuncia que o PXOM ingresa na súa etapa final previa á aprobación inicial.

Correo-e Imprimir PDF
VISTA_AREA_DE_GONDOMAR

O Concello de Gondomar prepara as planimetrías de catro parcelas da parroquia de Borreiros que serán presentadas ante a comisión técnica do Plan de Ordenamento do Litoral (POL), co fin de salvar o derradeiro informe que necesita para pechar a etapa previa a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). A información foi brindada polo concelleiro de Urbanismo Alfonso De Lis, quen adiantou que o próximo martes se reunirá en Santiago cos técnicos do POL. De Lis asegurou que Gondomar xa ten todos os informes sectoriais favorables, e o equipo redactor do PXOM prepara as correccións sinaladas pola Xunta de Galicia co fin de entregarllas tamén susbsanadas no correr desta semana. O edil asegurou que o próximo goberno municipal podería ter o proxecto pronto para aprobación inicial no seu primeiro pleno.

De Lis informou que presentou un informe de 22 folios o pasado martes 3 de maio ante a Secretaria Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, e os seus técnicos asesores, co fin de aclarar “de forma minuciosa el contenido de cada uno de los apartados del informe emitido por la  Secretaria General  sobre el Plan de Gondomar el 7 de abril pasado.” O concelleiro estivo acompañado polo alcalde Martín Vicente Urgal, o asesor xurídico contratado José Martínez Torea, e mais tres técnicos da empresa redactora do PXOM. Logo de dúas horas de reunión ambas administracións chagaron a un acordo onde segundo De Lis “se mantiene toda la estructura del Plan en cuanto a la clasificación de suelos, edificabilidad, tipología y ubicación indicativa de los sólidos, se mejora la cartografía y se afina la descripción y evolución de cada uno de los núcleos rurales, suprimiendo el ámbito de suelo urbanizable situado al Oeste del término municipal de Gondomar, con la delimitación de algunos pequeños polígonos de suelo urbano no consolidado en las áreas previstas de suelo urbano consolidado, con el fin de proceder a la distribución de cargas y beneficios y ejecutar el sistema viario, con las correspondientes dotaciones, según resolución expresa de la Secretaria General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, que es compartida plenamente por todos los asistentes a la reunión.”

Alfonso De Lis asegura que a Serra do Galiñeiro conserva a maior protección no PXOM

Consultado pola situación das figuras de protección sobre a Serra do Galiñeiro, De Lis reiterou que o PXOM o considera Espazo Natural e conta coa maior proteccións xurídica que a normativa municipal pode brindar. Tamén sinalou que a representación do goberno de Gondomar puido demostrar ante as autoridades autonómicas a procedencia dos cálculos estimativos do crecemento poboacional, que no informe de abril foron contrariados dende a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio.

Con respecto á estrada de circunvalación, o Concelleiro Delegado de Urbanismo apuntou un trazado indicativo a incorporar no Plan Move, sempre que o viario non sexa unha barreira interposta entre o chan urbanizable e os chans de núcleo rural, polo que haberá de ter a consideración de travesía e o tratamento de avenida de bordo con catro carrís de dobre dirección, con definición da liña de edificación.