Finalmente a candidata ou candidato ao Concello de Gondomar polo PP se coñecerá nos próximos 15 días. O presidente provincial Rafael Louzán mantivo unha xuntanza de case dous horas coa xunta xestora local. Na mesma intentou convencer aos militantes que ben vale a pena esperar uns días máis para que o comité electoral da provincia se pronuncie. “Temos que elixir ao mellor candidato porque Gondomar é un concello moi importante”, manifestou Louzán. A reunión fíxose 48 horas despois de que a dirección provincial ordenara desconvocar unha asemblea de militantes populares de Gondomar que querían expresar o seu a apoio a Natalia Salgueiro ou Manuel Dacosta, os únicos pre candidatos locais que manifestaron publicamente querer participar da selección. Os dirixentes provincias deixaron claro tamén que a selección do candidato para Gondomar pode recaer nunha persoa diferente ás propostas polos militantes do municipio.
A pesar de que tanto Louzán, como os dirixentes locais manifestaron que a xuntanza se desenvolveu nun clima de harmonía, puido observarse a saída dalgúns militantes visiblemente ofuscados ante a decisión provincial de non cinguirse na selección ás persoas propostas dende Gondomar. Tamén foi visible ao rematar a xuntanza a un importante grupo de militantes arroupando e saudando á concelleira Natalia Salgueiro.
Un dos ausentes notorios da reunión foi o pre candidato Manuel Dacosta quen non puido participar por non integrar a xunta xestora local. Pola súa banda tanto a concelleira Salgueiro como o presidente do PP Gondomar Eladio Bargiela insistiron na ausencia de fracturas ou divisións no partido, só falaron de distintas propostas que deberán procesarse e logo “traballar xuntos a prol de obter a maioría absoluta que permita ao PP gobernar en Gondomar”, informaron.
A reunión que comezou ás 18:30 horas rematou case dous horas despois. Pola directiva provincial do PP estiveron presentes o seu presidente Rafael Louzán e mais o vicepresidente José Manuel Figueroa Vila. Uns corenta militantes seguiron as intervencións das autoridades provinciais, para logo intercambiar preguntas e opinións que os devanditos dirixentes levaron nas súas libretas a Pontevedra.