Muller atopada sen vida e con ferida de arma de fogo, na parroquia de Vincios, Gondomar

Imprimir

Unha muller foi atopada sen vida pola súa parella sentimenta lnunha vivenda en Brandufe, Parroquia de Vincios, Gondomar. Segundo fontes policiais a muller, duns 24 anos, tiña unha ferida mortal de arma de fogo. A morte tería acontecido onte, sobre as 18:30 horas.

O cadáver foi retirado para a autopsia e as investigacións están a cargo do xulgado de instrucións de quenda e mais a policía local de Gondomar. De momento, as fontes policiais non descartan o deceso por autoeliminación, aínda que as pescudas apenas comezaron.