Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O novo goberno de Gondomar destapa débedas de 1 millón de euros en facturas

O novo goberno de Gondomar destapa débedas de 1 millón de euros en facturas

Correo-e Imprimir PDF

A análise económica financieira levada a cabo polos novos membros da corporación municipal de Gondomar liderada polo nacionalista Antonio Arauxo, sacaou á luz recentemente un "buraco" financiero das arcas municipais que só presentan débedas, tanto en facturas pendentes de pago como nas arcas da tesourería municipal.

O concellal e portavoz do BNG, Pauliño del Río, manifestou o seu malestar ante a "dramática e preocupante" situación económica herdada do anterior goberno do ex rexedor popular Carlos Silva.

As denuncia pública dos actuais responsabeis do goberno municipal refírense a: 1 millón de euros en facturas sen pagar,  á inexistencia de partidas orzamentarias das distintas áreas así como a unha tesourería sen remanente ningún.

Pauliño manifestou que se trata "Só duns cantos exemplos da xestión nos seis últimos meses que estiveron ao fronte do Concello ata o 15 de xullo de 2007"

Os responsabeis do goberno acusan ao ex-rexedor, como responsable de cultura, dun gasto en contratación de concertos deste verán sen consignación orzamentaria algunha, depois da saída de Mosquera do Goberno, deixando este área en números vermellos. 

15 anos con luz de obra 

O goberno denuncia tamén a factua pendente de pago do servizo de mantemento da calefacción do inverno pasado ou que o auditorio Lois Tobío leva 15 anos con luz de obra, e require unha nova instalación cun custe de 60.000 euros.

Pauliño menifestou que "Este goberno tivo que realizar xestións para evitar o corte de suministro eléctrico que afectaba ao propio auditorio e ao Conservatorio de música". 

O conservatorio levaba anos con cortes interrumpidos de suministro dada a siutación irrgular das instalacións. Segundo comentaban algúns presentes  "Aquí cando marchaba a luz, chámaban á concellería de cultura e dende o concello se encargaban de chamar a "alguén", para que volveran a darlle á luz. E así anos e anos".

 

150.000 euros de axudas PRODER tiradas nun caixon. 

A análise económica destapou novos gatos non previstos nas obras da piscina Municipal, obras que  non poden comezar por precisar dun novo proxecto para adaptala ao novo código técnico de construcción, que custa aor redor de 24.000€ e que pode supoñer un incremento do custe da piscina superior ao 20%, incluso podendo supoñer acudir a unha nova adxudicación da citada obra, co seu conseguinte retraso.

O pavillón deportivo de Donas perdeu unha subvención de 50.000€ por certificar fora de prazo. Unha cantidade que terá que asumir o novo goberno. O novo Centro Neural ten unha débeda de 27.000€ por un incremento de obra indebidamente fiscalizado.

A partida de mantemento de estradas presenta un déficit de 300.000 € sumados ás debedas de 27.000€ en combutibles e 80.000 en electricidade no ensino.

O concello tamén tivo que afrontar o pago dunha factura por adiantado para poder arranzar o tractor desbrozador que levaba estropeado dende xaneiro.

O goberno municipal quedou sorprendido cando atopou "nun caixón tirado e esquecido dende había dous anos" un proxecto PRODER para a realización dun paseo fluvial polo río Miñor dotado con 150.000€. O actual goberno municipal foi quen de rescatalo para impedir a súa perda.

 

Reproche aos populares 

Pauliño reprochou "o discurso permanente do Sr.Carlos Silva, onde afirma que Gondomar está sen goberno" demostrando con todo istes datos "o seu xeito de gobernar durante o seus últimos mandatos". Considera que agora lle toca ao BNG, "xestionar esta situación e por en marcha unha nova andaina onde o ben común e a calidade dos servizos dados polo Concello aos cidadáns sexan rexidos pola eficacia, a eficiencia e a dilixencia na xestión."