Ampliar noticia en Faro de Vigo e La Voz de Galicia
O PSOE e PP volven deixar sen soldos ao goberno de Gondomar
Polo momento só o alcalde, Antonio Araúxo, percibirá unha retribución polo seu labor á fronte do goberno municipal de Gondomar. O voto en contra do Partido Popular e unha nova abstención do PSOE impediron por terceira vez ao BNG -que aínda goberna en minoría pola súa falta de sintonía cos socialistas- ver aprobada a súa proposta de dedicacións exclusivas.