Fan falla 20 días para conseguir pasar a ITV

Imprimir
A protesta dos traballadores deixou máis de 4.000 coches sen revisar
En  Porriño hai que esperar ata o 1 de outubro. Para evitar máis atrasos, haberá inspeccións móbiles desde hoxe en Sanxenxo, Bueu e Gondomar. Moita paciencia e tempo serán indispensables para aqueles condutores que teñan que pasar a ITV ao seu vehículo en Vigo. Onte, conseguir cita para a estación de Peinador non era posible ata o 26 de setembro.

A folga de principios do verán deixou sen inspeccionar 4.300 coches na provincia e as consecuencias déixanse sentir á volta de vacacións. Por iso, os responsables da ITV puxeron en marcha un servizo itinerante. Desde onte ata o xoves, haberá unha estación de revisión móbil en Sanxenxo, do venres ao 13 de setembro trasladarase a Bueu e do 13 ao 24 de setembro estará en Gondomar. Se se quere solicitar a ITV nestas novas estacións hai que chamar ao 629 163 107 onde se dará cita e hora.

 Continúa en 20 Minutos