Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Marcelino Pena, escultura forxada no Val

Marcelino Pena, escultura forxada no Val

Correo-e Imprimir PDF
Foto Yanka Xl - Elia Fuentes
Foto - Marcelino Pena
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Do gondomareño Marcelino Pena case ninguén, salvo os achegados, coñecen a súa faceta como escultor e artista plástico, e isto ten un motivo. A súa dedicación a esta dificil técnica artística xurdiu fai pouco menos de 2 anos, pero sumado ao caracter autodidacta do artista supón un punto que engade máis valor a súa obra.

Marcelino Pena naceu en Gondomar, en plena transición a cabalo dunha nova Galiza que arrecendía aires de liberdade e de ilusións por recuperar parte dunha cultura popular soterrada.

Como dí Marcelo, "crieime no rural acompañando e aprendendo as lavores do agro." Constitúe a cuarta xeración familiar de canteiros ebanistas e artesáns. A súa actividade profesional versa ó redor das artes escénicas como a danza, o teatro e as performance despois de rematar os seus estudos na Escola Superior de Dança de Lisboa.

A súa paixon pola danza mesmo levouno a debutar como autor de dúas pezas de danza "Akandalova" e "Reversível, presentadas en Lisboa e Barcelona.

Fai dous anos, pasa a fronteira natural do Caurel e establece a súa residencia en Bélxica, sen deixar de lado as súas raices e contactos no Val Miñor. Para estraitar máis eses lazos, o artista gondomareño ven de publicar na internet unha galería con fotos das súas pezas.
http://sculpturepena.blogspot.com/

Marcelo tamén publica na mesmo web un achegamento a súa visión fotográfica da nosa contorna, cunha serie fotográfica de panóramicas de horizontes rotos. http://foto-pena.blogspot.com/

"Olhando no vacio da paisagen. Perdendo a memoria no espaço.
Seguindo as pegadas do tempo. Um olho lento questiona."

                                                                              --Marcelino Pena