O actual goberno de Gondomar pensa seguir adiante cun plan xeral baixo sospeita despois das detencións por cobro ilegal de comisións por parte de 2 cocellais do goberno popular.
No último pleno ordinario a oposición pediu en firme a retirada do plan xeral e instou a Xunta de Galicia a súa paralización amparados nas sospeitas de corrupción co gallo das detencións e o descubirmento da trama de comisións.
O concello de Gondomar convoca para o próximo luns 19 de marzo, un pleno extraordinario ás 13:00 horas na Casa da Cultura de Gondomar no cal o BNG pedirá novamente a paralización do plan xeral. Os nacionalistas fan un chamamento aos veciños e veciñas de Gondomar para que acudan ao pleno e non permitan a continuidade dun plan baixo sospeita.