Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar El Gran dictador de Chaplin no ciclo Cine e Historia

El Gran dictador de Chaplin no ciclo Cine e Historia

Correo-e Imprimir PDF
O Cine Club Latino e a Concellería de Cultura de Gondomar reinician o seu ciclo de Cine e Historia que se veu desenvolvendo dende o pasado marzo no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Este ciclo pretende facer un percorrido pola historia do século XX a través dos sete filmes seleccionados.

Este venres 15 de setembro, proxectarase o filme elixido para ilustrar os “Totalitarismos Europeos” que non foi outro que “El gran dictador”, dirixida e interpretada polo enorme Charles Chaplin. A película será presentada polo profesor de Historia, Roberto Vázquez Rozas.  A proxección terá lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 22:30 h.