Xoves, 19 Oct. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Especiais Vigo Integra - Plan Move

Vigo Integra - Plan Move

Manifestación en Gondomar en contra do Vigo Íntegra

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma Gondomar Vive tampouco se quedou atrás no que se refire a mobilizacións en contra do Vigo Íntegra. Por esta razón convocou unha manifestación para o sábado ás once e media da mañá, que sairá da chaira do pavillón municipal e percorrerá as rúas de Gondomar ata chegar á praza do concello. Aí lerán un comunicado e entregarán no rexistro da casa consistorial todas as alegacións recolleitas.

A directiva da plataforma invita a participar a todos os veciños, tanto se son afectados directos coma se non, porque o problema é de todos xa que os viarios que contempla o plan, que son a circunvalación que conecta a saída da autoestrada co centro do municipio e a vía de alta capacidade que vai ata Tomiño, destruirán a comarca e fomentarán divisións territoriais entre uns barrios e outros, segundo denuncian.

Máis de 500 persoas marchan en Nigrán contra o carril bici

Correo-e Imprimir PDF
Máis de medio centenar de persoas acudiron á manifestación convocada en Nigrán pola Plataforma de Afectados polo proxecto da PO-325 en contra dun carril bici con senda peatonal que unirá os 16 quilómetros que separan Vigo da Ramallosa pola costa. A infraestructura, recollida no plan viario metropolitano da Xunta, conta co apoio do concello. Os afectados, ademais de denunciar as súas propiedades que serán expropiadas, alertaron á cidadanía da alta peligrosidad que conlleva esta actuación por medio dun par de ataúdes.
Trala pancarta "Perigo de morte" e con mensaxes para os alcaldes de Vigo e Nigrán como o "Xunta prepotente, Juanes obediente", os congregados marcharon sen incidencias pola estrada da vía desde a rotonda de acceso á autopista ata a glorieta de Praia América para regresar nuevamente ao momento de partida.

Afectados polo carril bici entre Vigo e Baiona cortarán o tráfico para protestar contra o proxecto

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage}Os afectados polo proxecto da Xunta para reformar a estrada entre Vigo e Baiona pola costa -a PO-325- empezan a mobilizarse. Os propietarios aos que se lles ocuparán terreos para construír o novo carril bici de 16 quilómetros e ampliar as beirarrúas constituíron unha plataforma e organizarán o próximo 6 de setembro a súa primeira manifestación cun corte de tráfico na vía.

Nigrán presentará polo menos dúas alegacións contra o "carril bici"

Correo-e Imprimir PDF
O goberno municipal de Nigrán apoia o proxecto do "carril bici" e a senda peatonal pola estrada da vía, pero traballa en propostas para melloralo. Así, o departamento de Urbanismo, que dirixe o socialista Juan González, prepara polo menos dúas alegacións para evitar puntos "negros" que, a xuízo do equipo de Efrén Juanes deben modificarse.

Veciños de Tomiño encadéanse no Concello para protestar polo trazado da autovía Tui-A Guarda

Correo-e Imprimir PDF
A polémica polo trazado proposto pola Xunta para a futura autovía que unirá Tui e A Guarda segue xerando polémica no municipio pontevedrés de Tomiño. Onte o Concello tivo que instalar unha pantalla xigante para que os veciños puidesen seguir o pleno no que a corporación esixiu un novo trazado para a autovía pero hoxe un grupo duns douscentos veciños continuaron coas protestas e encadeouse ás portas do Consistorio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL