O sábado no Portamérica

Imprimir

Arizona Baby - Foto Oscar PinalDespois do cartel do xoves, o do venres e o do sábado non conmovían moito pero o último día do PortAmérica abarrotouse o recinto como non, outra vez, con Vetusta Morla. Malia que a banda non traía novo disco e repetiu os éxitos de “Mapa” e “Un día en el mundo”, conseguiu xuntar de novo unha marea de fans loucos por cantar xa afónicos de corear a Supersubmarina. Molan os chimpos contaxiosos do vocalista Pucho, dun lado para outro, e ese espírito comprometido que puxo sobre as mans levantadas dos que escoitan pampos, con máis ganas de pasalo ben ca de indignarse, a frase de moda nas redes: “Dimitir, non é un nome ruso”. E un caramelo deixou para a despedida, ao outro lado da ría ao día seguinte habería unha sorpresa “Hasta aquí puedo leer”. ( O domingo tocaron en petit comité na sala Aturuxo de Bueu ).

Facía falta en Galicia un festival de música coma este. Agora que os recurtes sangrantes en Cultura non o deixen morrer tan novo..

Ateigado tamén estaba con Supersubmarina. Nótase cando queres cambiar de sitio e sintes que os corpos se apretan e os ollos axenos te miran decindo “nin se che ocorra poñerte diante miña”. Neses momentos si importa estar en cuarta fila e non en quinta, aínda que persoalmente no caso do grupo de Jaén nós non atisvamos entender o porqué. Moi intensos pero as súas letras ainda non chegan a altura das de Vetusta Morla.

En estampida, como se fóra do valado promocionado agardaran os artistas para asinar autógrafos, a xente desapareceu. Tímidamente e con ocos espaciosos, volveron, non os mesmos, outros, menos novos, máis atrevidos, para bailar os ritmos de Delorean descompasados a veces, e outras demasiado electrónicos despois de tanta armonía. Sen interaccionar co seu público máis ca un “gracias” de peche, case esqueceron os seus tres primeiros traballos discográficos, máis fáciles de comprender por orellas afeitas ao pop ca “Subiza”. Non pasou desapercibido Unai Lezcano, o teclado e a mesa peritaron coa súa forza, eles si o pasaron ben. Para pechar, Dj Lagartija.

Os primeiros concertos quedan un pouco desanxelados aínda que o artista mereza a pena e a luz do sol que se pon lle dé un toque sabroso como foi no caso da Banda de Turistas e Francisca Valenzuela, que non chegaron a xuntar moito público nas súas actuacións. O sábado a resaca tamén se acumula e cómpre tempo para o botellón antes de pasar a barreira. A chilena paseouse polo escenario con esas letras pegadizas e simples, de adolescente despechada. Transmite a sensación de ter un discurso máis interesante e profundo ca o que acada trasmitir coas súas cantigas.

Os mexicanos de Café Tacuba puxéronlle ganas na súa actuación. Preparando coreografías para facer bailar mesmo a quen nunca escoitou ningún tema deles. E consígueno. É como unha orquestra nas verbenas, tamén hai que decir que os asistentes aos festivais están máis ca receptivos o mismiño ca nas festas das aldeas. “Eres” non podía faltar e deixaron a súa canción máis coñecida para o final.
Gin Ga e Arizona Baby, ao noso parecer o máis interesante por orixinais na onda do PortAmérica, os segundos xa estiveran o ano pasado nun concerto de Corizonas, agora as dúas bandas viñeron por separado e por separado encandilaron tamén.

A idea PortAmérica préstase, o lugar tamén. Con dous anos só de experiencia non é nada desdeñable, aínda que haxa algunhas cousas por perfeccionar ou axustar, como o prezo, este ano 75 euros se lle sumamos o camping, quizáis un pouco excesivo para petos parados e estudantes na súa maioría. Se nos poñemos quisquillosos, decir que gustabamos máis dos bonitos Amaros do ano pasado.

A comida, esta vez tamén para veganos, aínda que os que máis triunfaron foron os quebaps andaluces, gregos e galegos. Porque o PortAmérica tamén é gastronomía e da boa con seis cociñeiros estrela Michelín no co-cooking na segunda edición.

Facía falta en Galicia un festival de música coma este. Agora que os recurtes sangrantes en Cultura non o deixen morrer tan novo.

Ver reportaxe fotográfica: PortAmerica 2013
Alba Pazos.Aba PazosPrimero persona, después perioartista difusa (en la actualidad redactora de la TVG)... por el camino, yo me entretengo! Xinzo de Limia. Galicia Twitter || Blog



Alba Pazos