21-O: O BNG prepara o seu mitin central en Gondomar e unha charla sobre a situación do ensino.

Imprimir
IMG 0525

-Carlos Aymerich e mais Guillerme Vázquez presidirán o mitin do BNG deste mércores en Gondomar.

-Os candidatos nacionalistas por Pontevedra estarán na Casa da Cultura de Gondomar, presentando o programa do Bloque para as autonómicas do 21-O, este mércores 10 de outubro ás 20 horas.

- O martes 9 de outubro o BNG realizará unha charla-coloquio dirixido ás ANPAs do Val Miñor, no Centro Neural de Gondomar.

A actividade política cara ás elección autonómicas do 21-O continúa con centro no concello de Gondomar. O Bloque Nacionalista Galego , logo dos tres actos de campaña mantidos nas parroquias do interior de Gondomar durante a pasada fin de semana, prepara un mitin central coa participación dos seus principais candidatos por Pontevedra. Este mércores 10 de agosto, ás 20 horas, o candidato número 1 por Pontevedra, Carlos Aymerich presidirá un mitin que se desenvolverá na Casa da Cultura de Gondomar. O cabeza de lista estará acompañado polo portavoz nacional Guillerme Vázquez, a escritora Marta Dacosta (número 6 da lista), residente no municipio e por Manuela Rodríguez Pumar, responsábel comarcal do BNG.

Un día antes, o Bloque convoca a unha charla - coloquio no Centro Neural de Gondomar (próximo do campo de fútbol das Cercas), ás 20:30 horas "para falar de políticas de ensino". O acto está dirixido ás ANPAs do Val Miñor e nel intervirá Ana Bringas, integrante dunha ANPA da bisbarra. Nese oportunidade, tamén estarán presentes os candidato por Pontevedra Xavier Rodríguez (Nigrán) e Marta Dacosta.