Se a choiva da trégua este sábado 15 de agosto, VM.info emitirá en "streaming" en exclusiva a baixada VIII edición da Baixada de Carros de Bolas de Camos nesta mesma páxina.
A cita terá lugar a partir das 9 da mañá até as 14h no camiño da Levada na parroquia de Camos (Nigrán).
Horarios
Ás 9 da mañá dará comezo as verficiacións por parte da Federación Galega de Deportes de Inercia. A continuación 10 triciclos de competición farán unha exibición. Logo darán comezo os entrenamentos dos participantes e finalmente a carreira.
A continuación realizaránse dúas baixadas cronometradas, puntuando sempre o mellor tempo realizado.
O recorrido, de 700 metros, promete deixar imaxes espectaculares xa que arranca cun gran xiro de 360 graos e finaliza cun descenso na meta de máis do 70% de desnivel, polo que os vehículos adquirirán gran velocidade.
Participarán carros na modalidade individual e colectiva e, ademáis, entre manga e manga haberá unha exhibición de triciclos de competición. A proba está previsto que finalice sobre as 14.00 horas e haberá premios para os tres primeiros clasificados en individual e colectivo, para o máis feo e para o máis orixinal.
O tramo parte dende o Camiño dos Piñeiros até a Rúa da Levada na parroquia de Camos (Nigrán)
O evento recupérase a iniciativa do Centro Cultural a Camoesa e a asociación Eixo Tolo, coa colaboración do Concello de Nigrán e o patrocinio de Breogán Autolux.
O streaming correrá a cargo da empresa miñorán K12 Comunicación colaboradora de VM.info, e adiantan que haberá algunha sorpresa nesta emisión do próximo sábado, todo se o tempo acompaña.
A emisión en directo rematou pero podes ver o vídeo baixo demanda aquí