Pepe Valverde (CXG): " son moitas as voces e os foros que pretenden abafar o noso pulo".

Imprimir
foto-mitin-III
foto-mitin-II
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Onte a noitiña, desafiando ao outono e mesmo a la "Roja", Compromiso Por Galicia (CXG), fixo a súa estrea política no Val Miñor.

Nun acto celebrado o pasado mércores na Casa da Cultura de Gondomar e diante dunha "máis que satisfactoria concorrencia de público", segundo os organizadores, as tres candidatas ao Parlamento de Galicia por CXG, a avogada Natalia Costas, a escritora e profesora de Arte Dramático Inma López e a química industrial e emprendora Sandra Araúxo, após da presentación de Pepe Valverde, expuxeron en detalle o programa político desta formación galeguista.

"É sabido que son moitas as voces e os foros que pretenden abafar o noso pulo, en forma de enquisas e de apelacións ao voto útil", salientou o gondomareño Pepe Valverde unha vez rematado o mitin. Tamén sinalou que CXG "persiste no camiño que está a seguir, mantendo o entusiasmo e teimando na ilusión que serán quen de lograr que a voz da cidadanía sexa levada por Compromiso por Galicia ao Parlamento".

Valverde opinou que o traballo sobre o amplo número de cidadáns aínda indecisos será fundamental para o seu grupo, do que asegurou "medra en apoios", na medida que a xente vai tomando contacto coas súas propostas.

En todo caso e segundo as manifestacións de Pepe Valverde, a irrupción de CXG no panorama político e institucional galego chega "con ánimo de permanencia como proxecto homoxéneo, plural e non excluinte e ca convicción de converterse no partido nacional galego".