Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M

Eleccións 24 M

O PP mantén a maioría absoluta en #Baiona pero só supera nun concelleiro aos grupos de esquerda.

Correo-e Imprimir PDF

Jesus Vazquez Almuina revalida a súa maioría | Imaxe Roi Gonzalez"Isto é un avance histórico de toda a esquerda! asegura Rafel Lores, secretario xeral do PSOE que volve a acceder á corporación de Baiona como edil. O PSOE mantén os 4 concelleiros, o BNG e Esquerda Unida acadan 2 concelleiros cada un. Uns resultados que non logran cambiar o goberno do PP de Jesús Almuiña que quedou a 126 votos de revalidar os 10 concelleiros.

Juan González PSOE: “Gobernar con transparencia e participación cidadá. Que ninguén quede fóra” #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Juan Gonzalez volvería a conformar goberno en NigránHai festa na porta da sede do PSOE de Nigrán. Sen embargo, Juan González, actual voceiro da agrupación e case seguro novo alcalde de Nigrán está tranquilo, polo menos exteriormente. Sinala que até que non estean todos os datos non quere falar. Ante a insistencia sinala que de confirmarse o voto maioritario polo PSOE (inda quedan 2 mesas por escrutar), só resta cumprir co dito na campaña: gobernar con transparencia, participación cidadá e sen deixar a ninguén fóra".

O partido da abstención volve gañar as eleccións municipais no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Banner-votoSó Gondomar supera o 50% de participación na bisbarra miñorana segundo os primeiros datos aportados polo Ministerio do Interior. Os tres concellos rexistran unha participación por debaixo da acadada nas anteriores municipais de 2011.

Informe 22 horasO PP gaña Baiona, o PSOE Nigrán e unha alianza de dereita ou esquerdas en Gondomar.

A tendencia ás 22 horas marcan as seguintes distribucións nas corporacións do Val Miñor

Baiona: PP 10, PSOE 4, BNG 2, EU-SON 1 (62,21% votos escrutados)

Gondomar: PSOE 4, IXG 4, PP 3, MM 3, CABE 2, ACGO 1 (67,81 votos escrutados)

Nigrán: PSOE 8, PP 6, EU 1, UCN 1, BNG 1 (falta 2 mesas ás 22 horas por escrutar do concello)

 

INFORME:21 horas: As primeiras informacións de #Nigrán, dúas mesas no Humberto Juanes dan un empate técnico PP - PSOE. Con dúas mesas escrutadas na vila de #Baiona PP 52%, PSOE 24%, EU 11,95% BNG 11, 64% - Esperamos datos de Gondomar.(Fonte:Datos partidos políticos)

Juan Gonzalez "O PSOE de Nigran nin tivo, nin ten, nin terà nada que erradicar porque nunca foi nin será corrupto"

Correo-e Imprimir PDF

Juan Gonzalez - Candidato do PSdG PSOE de NigránJuan A. González Pérez -  A Ramallosa –  Licenciado en Historia . De 1999 a 2003 Secretario Xeral do Partido Socialista durante o goberno de Manuel Rial como Alcalde . En 2011 foi Tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Economía e Facenda, Servizos Socias ou Cultura no mandato de  Efrén Juanes como Alcalde.

Manuela R. Pumar "Gondomar non contou cunha política de emprego e de aí as altas cifras de paro"

Correo-e Imprimir PDF

Manuel R. Pumar - Candidata polo BNG AA de GondomarManuela Rodríguez, candidata do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía do Concello de Gondomar. Iniciouse en política coa Plataforma Veciñal Independente, "creada no seu día para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo". Desde entón, implicouse na política municipal e comezou militar no BNG. No BNG ocupou e ocupa diversas responsabilidades, chegando ser responsábel comarcal de Vigo. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca e integrante do Consello Nacional do BNG. En Gondomar, Manuela R. Pumar é unha persoa recoñecida polo seu traballo no ámbito veciñal, cultural e nas ANPAs, e actualmente participa activamente en diversas entidades e colectivos sociais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL