Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M

Eleccións 24 M

O círculo PODEMOS fai público o seu apoio á candidatura Gondomar Concello Aberto

Correo-e Imprimir PDF

gondo concello abertoNun escrito achegado aos medios, Rosa Pascual, secretaria xeral do círculo PODEMOS, sinala que consultada a asemblea cidadá esta decidiu apoiar a candidatura Gondomar Concello Aberto, nas próximas eleccións muncipais. Argumenta "que esta candidatura responde á conciencia da necesidade da unidade, poñendo no centro á veciñanza".

Mesturar mocidade e experiencia é a proposta da candidatura dos socialistas de Gondomar cara as municipais.

Correo-e Imprimir PDF

psoe2015gondomarJuan Francisco Ferreira González, 47 anos de idade e natural de Vilaza, repetirá como candidato á alcaldía do concello de Gondomar polo PsdeG-PSOE. Actualmente exerce como secretario xeral desta agruapción así como concelleiro da corporación municipal. Acompáñalle como nùmero dous da lista Nuria Lameiro Valverde (33), da asociacións veciñal de Vincios e campioa de España en atletismo. A candidatura á Entidade Local de Morgadáns estará ecabezada por Sofía Chamadoira Gómez (26), empresaria e natural do barrio da Pedra.

Presentación da candidatura do Manifesto Miñor en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

candidatura-manifestoEste xoves ás 20:30 horas o Manifesto Miñor presentará a súa candidatura no Auditorio Municipal Lois Tobío, de Gondomar. Encabezada polo ex alcalde nacionalista Antonio Araújo, a lista conta nos primeiros lugares coa presenza de Rocío Cambra (plataforma preferentes), Alberto Covelo (comuneiro de Vincios), Mª Carmen Salgueiro (preferentes) e Xosé Antón Araúxo (comuneiro de Couso). No acto tamén se dará a coñecer as principais liñas que conformarán o programa político que esta agrupación presentará nas vindeiros eleccións municipais de maio. Tamén será presentada a candidatura á Entidade Local de Morgadáns, do actual vogal desa entidade, o avogado Xaime Lugilde.

Antonio Araújo: “O goberno do PP de Gondomar pasa do PXOM”.

Correo-e Imprimir PDF

antonio araujo 2015O concelleiro nacionalista, Antonio Araújo ,acusa ao alcalde Ferando Guitián de non cumprir a resolución plenaria que obriga a exposición pública do PXOM e a constitución dunha equipa técnica encargada de asesorar aos veciños. Lembra Araújo que no pleno do pasado 3 de febreiro,ademais de solicitar a exposición pública coma borrador do PXOM durante tres meses, a partires da publicación do acordo no BOP, sobre todo, facíase fincapé na necesidade de que a devandita exposición pública fose acompañada dunha equipa técnica que lle explicase aos veciños (e ás entidades veciñais) polas parroquias o PXOM e como facer as suxestións ao mesmo. "A maiores habería que constituir un grupo de traballo veciños-goberno-corporación e técnicos para unha vez rematado o prazo de exposición pública valorase as achegas presentadas co obxecto da súa incorporación", engade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL