O Partido Socialista de Nigrán pechará a campaña electoral este venres 22 de maio na Alameda da Ramallosa nunha "festa-mitin" que dará comezo ás 21:00 horas. Dende media tarde haberá animación e xogos para os máis pequenos e se dará fin á campaña coa actuación do grupo "Damciento6"
Eleccións 24 M
“Outro #Nigrán é posible”. O PSOE pecha a campaña cunha festa-mitin na Ramallosa.
#Nigrán Decide pecha a súa campaña electoral cun acto en Priegue.
O vernes 22, ás 20:00 horas, no local social do Centro Cultural "O TORREIRO" de Priegue, terá lugar o acto de fin de campaña da candidatura NIGRÁN DECIDE - SON no que se celebrará un coloquio sobre a filosofía e o programa da candidatura NIGRÁN DECIDE, así como da problemática da Parroquia de Priegue.
Guillerme Vázquez e Manuela Pumar intervirán no peche de campaña do BNG en #Gondomar.
-O BNG-Asembleas Abertas pecha a campaña o xoves día 21 de maio, ás 20:30 h, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.
-A candidata á alcaldía, Manuela R. Pumar, exporá aos presentes os eixos fundamentais do programa do BNG-Asembleas Abertas (BNG-AA)
Representantes de AGE, PODEMOS e a Marea de Vigo apoiarán o acto de peche de #Gondomar Concello Aberto.
Este xoves 21 de maio ás 20.30 horas terá lugar o acto central de Gondomar Concello Aberto, na Casa da Cultura de Gondomar. A organización adianta que será o acto de peche de campaña e contarán coa presenza de Breogán Riobó(Secretario Xeral de Podemos Galicia), Eva Solla( Deputada de AGE no parlamento galego) e David Rodríguez (Marea de Vigo).
#Nigrán : Acto de NIGRÁN-DECIDE en Panxón
O mércores 20, ás 20:30 horas, no local social da AVV "Monteferro", de PANXÓN, terá lugar un coloquio sobre a filosofía e o programa da candidatura NIGRÁN DECIDE. O acto será presentado pola candidata de Panxón, Carme Giráldez, e nel intervirá o candidato á alcaldía da agrupación, José Cuevas, quen, abordará temáticas que afectan á parroquia de Panxón.
Entre elas, a agrupación adianta o debate sobre a posible recuperación para a veciñanza do Náutico de Panxón; o uso prioritario do porto para as embarcacións pesqueiras e as súas tripulacións; protección medioambiental para Monteferro; e o establecemento de aparcamentos para os vehículos dos residentes de Panxón, "que sofren graves problemas nas fins de semana e nos meses de veraneo".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL