Xoves, 17 Aug. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M #BNG responde cunha humorada á proposta do PP para que apoie a investidura de Rafael Louzán.

#BNG responde cunha humorada á proposta do PP para que apoie a investidura de Rafael Louzán.

Correo-e Imprimir PDF
rafaellouzan

Todo comezou cedo na xornada do xoves cunhas declaracións do presidente provincial do PP e en funcións da deputación, Rafael Louzán, na procura do apio do BNG a súa investidura e así evitar o ingreso da socialista Carmela Silva á presidencia.

Espetaba Louzán:"O BNG debe reflexionar, non ser excluínte e facerse adulto". Rafael Louzán que tralo 24M perdera a maioría absoluta na deputación lembraba aos nacionalistas que "a matraca anti PP acabóuselle ao BNG, e agora probablemente a teñan outros". As súas presións queren evitar a alianza PSOE-BNG que dará por terra un novo mandato do popular. A resposta dos militantes do BNG non se fixo esperar e inundou as redes con mensaxes como este