A través das redes ambas as dúas agrupacións convocan a asembleas onde a definición de estratexias cara as negociacións para investir alcalde no concello integran a orde do día. Gondomar Concello Aberto (CABE) convoca para o vindeiro sábado 30 ás 20 horas na súa sede. O Manifesto Miñor o mesmo día ás 20:30 horas no Centro Neural da vila
.Ambas as dúas agrupacións acadaron tres concelleiros tras as votacións do 24M. Antonio Araújo, Alberto Covelo e mais Rocío Cambre ingresarán á nova corporación de Gondomar polo Manifesto, e Josué Vilar, Jimena Varela e Pauliño del Río por CABE.
Na convocatoria, dende CABE afirman que "os resultados esíxenos que se acade a estabilidade de goberno dende un entendemento dentro da pluralidade e dentro da esquerda". E deixan aberta todas as posibilidades para que asemblea decida tendo en conta que "os veciños e veciñas de Gondomar decidiron co seu voto apartar o PP do Goberno Municipal e non outorgar unha nova maioría a ningunha das outras forzas políticas".
A convocatoria do Manifesto Miñor non adianta valoración algunha e deixa como primeiro punto da orde do día o informe da campaña "e valoración dos resultados".