Xoves, 17 Aug. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M O PP perde a maioría na deputación de Pontevedra por primeira vez en democracia

O PP perde a maioría na deputación de Pontevedra por primeira vez en democracia

Correo-e Imprimir PDF
Rafael Louzan Imaxe PV

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, confirmou na madrugada deste luns que o PP perdeu a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra. Un feito que acontece por primeira vez na democracia.

A perda do organismo provincial débese, principalmente, ao desastre dos populares en Vigo tras a decisión de Núñez Feijóo de situar como cabeza de lista á ex conselleira de Facenda, Elena Muñoz. Nesta circunscrición electoral, os populares perderon catro deputados provinciais e, polo tanto, a súa maioría. Tres destes novos escanos serán para o PSdeG e outro para as mareas.

Deste xeito, a deputación provincial quedará con 12 deputados para o PP, 10 para o PSOE, 4 para o BNG e 1 para as Mareas. O PP cae de 17 a 12 deputados ao perder 80.000 votos respecto de 2011. A caída do PP na comarca de Pontevedra e o auxe do BNG leva, neste caso, que o Bloque gañe outro deputado a expensas do PP, que sumado ao obtido no partido xudicial de Tui, completa o catro que obtén.

"Probablemente algo non fixemos ben", dixo Louzán, que lamentou unha vez máis que a lei non force a que sexa a forza máis votada a que goberne. En todo caso, o aínda presidente provincial dubida de que os partidos da oposición cheguen a un acordo. “Terán que dar a cara, a ver con que programa gobernan e quen apoia a quen nas investiduras", dixo.

 _
Do medio colaborador Galicia Confidencial