Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M Juan González PSOE: “Gobernar con transparencia e participación cidadá. Que ninguén quede fóra” #Nigrán

Juan González PSOE: “Gobernar con transparencia e participación cidadá. Que ninguén quede fóra” #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Juan Gonzalez volvería a conformar goberno en Nigrán

Hai festa na porta da sede do PSOE de Nigrán. Sen embargo, Juan González, actual voceiro da agrupación e case seguro novo alcalde de Nigrán está tranquilo, polo menos exteriormente. Sinala que até que non estean todos os datos non quere falar. Ante a insistencia sinala que de confirmarse o voto maioritario polo PSOE (inda quedan 2 mesas por escrutar), só resta cumprir co dito na campaña: gobernar con transparencia, participación cidadá e sen deixar a ninguén fóra".

O PP perde a alcaldía en Nigrán deixándose 3 concelleiros e unha perda de 1158 votos. A alcaldía augúrase segura para o candidato socialista que volve recuperar os 7 concelleiros de 2008 do mandato de Efrén Juanes.

A coalición Nigran Decide - SON encabezada polo lider de EU José Cuevas, irrompe no concello con 2 concelleiros onde BNG e UCN completarían a corporación con un concelleiro cada un.

Actualización co 100% escrutado