O partido da abstención volve gañar as eleccións municipais no Val Miñor.

Imprimir
Banner-voto

Só Gondomar supera o 50% de participación na bisbarra miñorana segundo os primeiros datos aportados polo Ministerio do Interior. Os tres concellos rexistran unha participación por debaixo da acadada nas anteriores municipais de 2011.

Informe 22 horasO PP gaña Baiona, o PSOE Nigrán e unha alianza de dereita ou esquerdas en Gondomar.

A tendencia ás 22 horas marcan as seguintes distribucións nas corporacións do Val Miñor

Baiona: PP 10, PSOE 4, BNG 2, EU-SON 1 (62,21% votos escrutados)

Gondomar: PSOE 4, IXG 4, PP 3, MM 3, CABE 2, ACGO 1 (67,81 votos escrutados)

Nigrán: PSOE 8, PP 6, EU 1, UCN 1, BNG 1 (falta 2 mesas ás 22 horas por escrutar do concello)

 

INFORME:21 horas: As primeiras informacións de #Nigrán, dúas mesas no Humberto Juanes dan un empate técnico PP - PSOE. Con dúas mesas escrutadas na vila de #Baiona PP 52%, PSOE 24%, EU 11,95% BNG 11, 64% - Esperamos datos de Gondomar.(Fonte:Datos partidos políticos)

Baiona

Cunha participación estimada nun 48,57 % , Baiona retrae a participación cidadá con respecto ás anteriores municipais de 2011, cando votou un 60,29% dos habilitados. Segundo o Ministerio do Interior, desenvolveuse con normalidade a apertura das 13 mesas electorais dispostas no concello onde estaban habilitados 10.045 persoas para exercer o voto.

Gondomar

A participación cidadá tamén diminúe neste concello. Concorreron a votar o 54, 88% dos 12.063 habilitados. Media inferior ás municipais do 2011 cando a participación nas votacións alcanzou o 58,62%.

Nigrán

Segundo o avance das 18 horas emitido dende Interior, a participación en Nigrán alcanzou o 46,94% da cidadanía habilitada (14.557). En 2011 tiña este concello unha participación do 52,34%.

Adiantos sobre Galicia nos medios de AMEGA

Galicia Confidencial

PrazaÂÂÂ