Martes, 14 Aug. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M #Nigrán : Acto de NIGRÁN-DECIDE en Panxón

#Nigrán : Acto de NIGRÁN-DECIDE en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
nigran decide

O mércores 20, ás 20:30 horas, no local social da AVV "Monteferro", de PANXÓN, terá lugar un coloquio sobre a filosofía e o programa da candidatura NIGRÁN DECIDE. O acto será presentado pola candidata de Panxón, Carme Giráldez, e nel intervirá o candidato á alcaldía da agrupación, José Cuevas, quen, abordará temáticas que afectan á parroquia de Panxón.
Entre elas, a agrupación adianta o debate sobre a posible recuperación para a veciñanza do Náutico de Panxón; o uso prioritario do porto para as embarcacións pesqueiras e as súas tripulacións; protección medioambiental para Monteferro; e o establecemento de aparcamentos para os vehículos dos residentes de Panxón, "que sofren graves problemas nas fins de semana e nos meses de veraneo".


Segundo o equipo organizador, a campaña de NIGRÁN DECIDE "está suscitando grande interese e curiosidade como ocorreu en Camos, Parada ou na Ramallosa".