Sábado, 6 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M Acto Central da campaña do BNG - Asembleas Abertas de #Nigrán no colexio Humberto Juanes

Acto Central da campaña do BNG - Asembleas Abertas de #Nigrán no colexio Humberto Juanes

Correo-e Imprimir PDF
candidaturanigran

Este mércores, ás 20'30 horas, terá lugar o acto central da campaña do BNG - Asembleas Abertas ao concello de Nigrán. Realizarase no colexio público Humberto Juanes, en Vilameán, e segundo a formación nacionalistas " será unha charla na que se exporán as principais liñas programáticas que presentamos para Nigrán, ao mesmo tempo que estará aberta a calquera pregunta ou cuestión que se nos queira formular".


O acto será presentado por Sefi Romero, número 5 da candidatura e veciña de Chandebrito, e contará coas intervencións de Xabier Méndez, número 9 da lista e coordinador do programa electoral, Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento Galego e que protagonizou varias iniciativas relacionadas con Nigrán no mesmo, e Xavier Rodríguez, candidato á Alcaldía que pechará as intervencións.
Tras as mesmas abrirase un diálogo co público asistente. "Neste acto tentaremos facer ver a necesidade dun cambio de goberno en Nigrán no que a esquerda nacionalista sexa protagonista", sinala Xavier Rodríguez, candidato a alcalde do BNG para Nigrán.