Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M EU reclama a devolución das institucions á veciñanza de #Baiona no seu acto de presentación de candidatura.

EU reclama a devolución das institucions á veciñanza de #Baiona no seu acto de presentación de candidatura.

Correo-e Imprimir PDF
iolanda silvano

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida participou da presentación dos candidatos desta formación en Baiona cara ás municipais do vindeiro 24 de maio. No acto desenvolvido no local de campaña na praza de Santa Liberata, Díaz salientou a necesidade de devolver as institucións aos veciños a través de meanismo de participación. No mesmo senso pronunciouse Silvano Montes, candidato á alcaldía de Baiona de EU.

Monte salientou que a candidatura está formada por persoas "que nunca participaron en outras eleccións", inda que asegurou "estan ben ao tanto do que sucede nas rúas, xa que a maioría deles pertencen ao mundo sindical e dos movementos sociais.

Tras responder consultas da veciñanza, Díaz e Montes acompañados de membros da lista percorreron o casco vello de Baiona. De regreso a Vigo, Yolanda Díaz acompañou ao candidado de NIGRÁN DECIDE, José Cuevas, nunha visita ao carril bici, a seu paso por Nigrán, onde observaron os tramos de "especial perigosidade" do sendeiro.