Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M A eurodeputada Lidia Senra presidirá o acto de NIGRÁN DECIDE-SON do vindeiro sábado na Ramallosa.

A eurodeputada Lidia Senra presidirá o acto de NIGRÁN DECIDE-SON do vindeiro sábado na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
lidia

Lidia Senra, deputada de AGE en Europa, estará o sábado 16, ás 12:30 horas na AVV "A Unión", da Ramallosa, no lugar de Mallón, apoiando a candidatura de NIGRÁN DECIDE (SON). Neste acto, que será presentado por Xosé G. Crego, intervirá tamén José Cuevas, candidato á alcaldía.


Na candidatura de NIGRÁN DECIDE preséntase como partido instrumental integrado por persoas membros de Anova e Esquerda Unida, así como outras independentes, e sustentada "nunha asemblea popular, con vontade de permanencia, no seo da cal foron aprobados o Código Ético que concelleiras e concelleiros electos deberán asumir, así como o Programa Electoral."