Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M #Gondomar - O concelleiro Manolo Gómez presidirá o acto de campaña de IXG na parroquia de Chaín.

#Gondomar - O concelleiro Manolo Gómez presidirá o acto de campaña de IXG na parroquia de Chaín.

Correo-e Imprimir PDF
candidatura-ixg2015

Tras os actos celebrados en Peitieiros, Vincios e Vilaza, Iniciativa por Gondomar (IXG) desenvolverá un novo acto de campaña o vindeiro xoves 14 ás 20:30 horas no Centro Cultural de Chaín. O concelleiro Manolo Gómez, candidato á alcaldía de Gondomar por esta agrupación, xunto con integrantes da candidatura desa parroquia, ofrecerán unha charla aos veciños, co obxecto de dar a coñecer o programa co cal concorren ás vindeiras eleccións do 24 de maio

Vindeiros actos de IXG

O venres 15 ás 20:30 horas IXG presentará as súas propostas na Escola de Guillufe (Morgadáns), e o sábado 16 ás 12 horas no Centro Cultural de Borreiros e ás 20:30 horas no Centro Cultural de Mañufe.

O día domingo, ás 11:30 horas no Centro Cultural de Donas. O luns 18 ás 20:30 no Centro Cultural de Couso. O martes 19 no Centro Cultural de San Ciprián (Donas) á mesma hora. O mércores ás 20:30 horas en Prado (Morgadáns) e o día xoves á mesma hora no barrio de Vilas, nas escolas.

O acto de peche de campaña terá lugar o venres 22 de maio ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gondomar Lois Tobío.