Cun chamado á unidade, a participación e a pluralidade presentouse a candidatura de Gondomar Concello Aberto.

Imprimir
trator-colorgac

O venres 8 de maio tivo lugar na sede de Gondomar Concello Aberto (CABE) a presentación da súa candidatura. Ao acto asistiron decenas de vecinos e veciñas que escoitaron aos 28 integrantes da candidatura por Gondomar e a a entidade menor de Morgadáns. Os candidatos e candidatos falaron da súa vida persoal e política, e sobre o motivo que os levou a participar na candidatura veciñal de Gondomar Concello Aberto.


Foron numerosas as alusións a unidade, a participación, a pluralidade, e a defensa da igualdade e dos servizos públicos. O acto foi moderado pola escritora Rexina Rodríguez Vega.
Dende Gondomar Concello Aberto sinalan que inician así a campaña electoral, "co obxectivo de gañar as vindeiras eleccións municipais cunha lista renovadora, xa que catro dos cinco primeiros postos son ocupados por xente que ate o de agora non formou parte nin do gobernó nin da oposición".
Gondomar (CABE) fai fincapé no xeito de presentar "ao candidato máis novo das diferentes agrupacións políticas que se presentan no municipio: Josué Villar Ballesteros, de 27 anos, veciño de Mañufe".