Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M O Manifesto Miñor presentará as súas propostas en Couso, Peitieiros e Morgadáns durante a fin de semana.

O Manifesto Miñor presentará as súas propostas en Couso, Peitieiros e Morgadáns durante a fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF
candidatura-manifesto

Co título "conversas cos veciñ@s" membros da candidatura do Manifesto Miñor desenvolverán actos informativos dende este venres en diversas parroquias de Gondomar. Este venres día 8, ás 20,30hs, na parroquia de Couso. Intervirán: Mª Luisa Varela Nogueiras, actual concelleira nacionalista e candidata. Xosé Antón Araúxo: candidato da parroquia, e Antonio Araújo Quintas actual concelleiro e candidato á acaldía.

O Sábado día 9, ás 20,30hs na parroquia de Peitieiros. Intervirán: Jesús Dieguez, candidato da parroquia; Rocía Cambra candidata nº2 da parroquia, e Antonio Araújo, candidato á alcaldia.

O Domingo día 10, ás 12,30hs, na parroquia de Morgadáns. Intervirán: Isabel Mato, candidata da parroquia; Jose Manuel Dominguez candidato da parroquia, e Antonio Araújo candidato á alcaldía. Pechará o acto, Xaime Lugilde candidato á presidencia da Entidade Local Menor de Morgadáns.