Antonio Araújo: “O goberno do PP de Gondomar pasa do PXOM”.

Imprimir
antonio araujo 2015

O concelleiro nacionalista, Antonio Araújo ,acusa ao alcalde Ferando Guitián de non cumprir a resolución plenaria que obriga a exposición pública do PXOM e a constitución dunha equipa técnica encargada de asesorar aos veciños. Lembra Araújo que no pleno do pasado 3 de febreiro,ademais de solicitar a exposición pública coma borrador do PXOM durante tres meses, a partires da publicación do acordo no BOP, sobre todo, facíase fincapé na necesidade de que a devandita exposición pública fose acompañada dunha equipa técnica que lle explicase aos veciños (e ás entidades veciñais) polas parroquias o PXOM e como facer as suxestións ao mesmo. "A maiores habería que constituir un grupo de traballo veciños-goberno-corporación e técnicos para unha vez rematado o prazo de exposición pública valorase as achegas presentadas co obxecto da súa incorporación", engade.

Acusa que "ben sexa por incapacidade política para xestionar nada que teña que ver cos intereses de Gondomar e da veciñanza, ou ben sexa porque botaron as contas e non lles resulta rendíbel electoralmente, o certo é que o goberno municipal do PP de Gondomar unha vez máis pasa de xestionar o PXOM".

Sinala ao alcalde que ese acordo plenario foi tomado por unanimidade, nun pleno extrordinario convocado a tal efeto por toda a oposición municipal. "Pois ben, despois despois de pasados dous meses da toma do acordo polo pleno, o anuncio foi publicado no BOP o pasado 7 de abril, sen que até agora se coformase a devandita equipa de información, sen que se programasen as visitas ás parroquias, sen que se lle informase aos veciños e ás asociacións veciñais pola prensa, web, ou un Bando Municipal, etc deste feito tan importante. A día de hoxe en Gondomar son moi poucas as persoas que saben disto", advirte o candiato á alcaldía polo Manifesto Miñor.

Nese senso dende o Manifesto Miñor instan "á toda veciñanza de Gondomar a se interesar por este asunto, e por ser o Alcalde o responsable de semellante desleixo, a se dirixir á Alcadía a pedir explicacións de cómo está este asunto."

"Se o PP entende que exposición pública do PXOM dálle menos votos que a política de chapapote e de clientelismo, é o seu problema. A súa obriga e atender e xestionar aqueles asuntos de interes xeral para o Concello e para o conxunto da cidadanía....que para iso cobra unha boa adicación exclusiva, tanto el como case a totalidade do seu grupo de goberno", conclúe Araújo.