Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Concerto musical en Vincios na tardiña do domingo.

Correo-e Imprimir PDF

Este domingo 7 de abril ás 18:00h no Centro Cultural de Vincios terá lugar un concerto de música coa participación daa Big Band, a Agrupación Musical de Vincios e o coro da Agrupación Musical de Vincios.

Pero... Quen ten a culpa das preferentes?

Correo-e Imprimir PDF

Presentación do acordo de fusión das caixas - © Xoán Crespo - Praza PúblicaO conflito das preferentes arde dende 2011 e estourou neste 2013. As persoas afectadas por estes produtos financeiros en Galicia veñen de coñecer que van perder arredor da metade dos seus aforros e as plataformas que os representan soben o ton das protestas.

Concellos, actos políticos, sedes de Novagalicia Banco... os escenarios para a denuncia da "estafa" son múltiples. Mentres, dende o ámbito político, os grupos da oposición reclámanlles responsabilidades aos gobernos galego e central e á forza que os sustenta, o PP. Aos populares esíxenlles que as persoas que foron enganadas poidan recuperar os seus aforros. Mentres, a formación liderada en Galicia por Alberto Núñez Feijóo insiste nun argumento: o PP estase a esforzar en solucionar un problema que foi creado por "outros", a saber, o PSOE no Estado e o bipartito de PSdeG e BNG en Galicia. Pero, de quen é a culpa?

Tertulia do IEM coa actriz Mónica Camaño Fandiño.

Correo-e Imprimir PDF

monicacamanhoEste venres, 5 de abril, TERTULIA do IEM coa actriz Mónica Camaño, protagonista de recoñecidas series de TV, cine e teatro . A convidada será presentada pola tamén actriz Antela Cid. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 5 de abril de 2013 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 4 de abril ás 22 horas.

O 47% dos aforristas estafados polas caixas en Gondomar acceden aos arbitraxes tras catro meses de loita.

Correo-e Imprimir PDF

preferentes-peche-concello
Este mércores 3 de abril cumpliran se catro meses do encerro que levan adiante os veciños afectados polas preferentes e subordinas das caixas galegas en Gondomar. Nunha breve reflexión sobre os logros desta medida, a portavoz da plataforma que os agrupa, Rocío Cambra, salienta o feito de que a loita permitiu xa que un 47% dos case 400 aforristas estafados no municipio conseguiran acadar o arbitraxe de consumo para recuperar os seus cartos. Unha cifra que estaría moi por enriba da situación dos outros concellos miñoranos onde non se formaron plataformas deste tipo.

Documentos antigos de Baiona proban que o “ñ” e “ll” foron utilizados dende a Idade Media na escritura galega.

Correo-e Imprimir PDF

Escrituras inmobiliarias dos séculos XIII e XIV de Baiona.-Unha pescuda documental do especialista Xulián Maure Rivas proba que as letras "ñ" e "ll"  son patrimonio da grafía galega desde a Idade Media.

Aberto o prazo para participar na XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Estatua Diego Sarmiento de Acuña en Gondomar - By-SA HombreDHojalataSegue aberto o prazo para participar na XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar
Poderán participar todos os mozos/as do Val Miñor que teñan entre 10 e 20 anos ata o 13 de abril

Charlas formativas sobre aforro e eficiencia enerxética en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Eficiencia e aforro enerxéticoO vindeiro xoves 4 de abril, ás 09.30 horas, celebraranse no instituto IES Terra de Turonio dúas charlas formativas sobre eficiencia e aforro enerxético, orientadas aos alumnos e ás alumnas deste instituto e aos do IES Auga da Laxe.

Con esta actividade formativa o Concello de Gondomar pretende reforzar o compromiso co aforro e a eficiencia enerxética apostando pola formación como mellor ferramenta.

Oferta de emprego - 36 postos de traballo na Federación de Asociacións Veciñais de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Ofertas de emprego en Vigo BY-BC-SA DeustoA Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» en colaboración coa Concellería de Emprego do Concello de Vigo, oferta 36 postos de traballo para distintas áreas.

É requisito imprescindíble o dominio do idioma galego, estar empadroado en Vigo e ser demandante de emprego.

Curso de iniciación á cociña para homes

Correo-e Imprimir PDF

Curso de cociña para homes - CC BY-SA defensanimal.orgO Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á cociña, unha acción enmarcada dentro do II Plan de Igualdade municipal.

O curso ten como obxectivo principal a adquisición de habilidades básicas entre os fogóns, e impartirase entre o 16 de abril e o 2 de maio, os martes e mércores de 17.00 horas a 19.30 horas nas instalacións do Restaurante O Queimada, na Carrasca.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL