Venres, 6 Mar. 2015

Actualizado04:05:51 PM GMT

Estás en Canais

Sueño de Calíope actúa na Praza da Alameda en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

sueo de_caliope_web_med-O grupo fusionará canto, poesía e teatro nun espectáculo que se inscribe dentro da programación de verán deseñada pola Concellería de Cultura

Continúa ‘Agosto de Cinema’ no Parque da Coelleira en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

 

0150hopA película 'Hop' continúa maña no Parque da Coelleira o ciclo Agosto de Cinema, que está a deixar en Gondomar a proxección dalgunhas das películas para todos os públicos máis destacadas dos últimos anos. O ciclo inscríbese dentro da programación cultural deseñada pola Concellería de Cultura e prolongarase ata o 9 de agosto, día no que a proxección de 'El capitán América' botará o peche.

Concuros de castelos nas areas de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

castelos-areaO vindeiro xoves 9 de agosto terá lugar unha competencia de castelos e figuras de area no entorno do Monte Lourido en Nigrán. Entre as 18 ás 20 horas equipos compostos por familiares ou amigos poderán dar renda solta á creatividade, a que será logo premiada por un xurado designado para a ocasión. As inscricións xa están abertas na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar en Panxón. Tamén poderán inscribirse na praia o día da competencia ata dúas horas antes do inicio.

Xeira nocturna do IEM pola Estación Rupestre de Agua da Laxe (Vincios - Gondomar).

Correo-e Imprimir PDF

noite-agua-da-laxe- Mércores 8 de agosto. Punto de encontro ás 22 horas na sede do IEM (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar)

O espectáculo do Novo Circo “Sen Medidas” chega ao Torreiro de Priegue

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Cultural O Torreiro de Priegue albergará este martes 7 de agosto ás 21.00 horas a actuación de Novo Circo "Sen Medidas", interpretada polo clown Jano. Nesta interpretación, o clown ofrecerá ao seu público un espectáculo no que xogara coma un neno atrapado nos medos dun adulto. Mesturará a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o seu gran enxeño coa participación inestimable do público. En definitiva, 50 minutos de risas, humor orixinal e arriscadamente divertidos para todos os públicos.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca celebra a XIX Semana Cultural de Parada

Correo-e Imprimir PDF

bolos-da-carrascaO Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca acollerá esta semana a XIX Semana Cultural de Parada. Os actos celebraranse entre o martes 7 e o venres 10 a partir das 22.15 horas. O coro local Ecos do Castelo, do C.C.D. Bolos da Carrasca, será o responsable da primeira actuación da presente edición, cunha intervención a continuación do grupo de gaitas Os Ventos, de San Andrés de Comesaña.

Dende o Val Miñor a Arbo: 3ª Xornada de Portas Abertas no xacemento paleolítico d'O Cabrón (Arbo)

Correo-e Imprimir PDF

xornada divulgativa_2A Sección Arqueolóxica do Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Arbo desenvolverán este sábado 4 de agosto unha nova xornada de divulgación do xacemento paleolítico localizado no paraxe O Cabrón. A mesma terá lugar ás 18 horas e consistirá nunha visita guiada pola Estación a cargo do equipo que está a traballar na zona dirixido por Eduardo Méndez.

Humor, maxia e ilusión para os máis cativos promete a actuación do pallaso Roi Macarroni en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF

pallaso alegreOs cativos que concorren a Praia América terán un obsequio especial na tardiña deste venres 3 de agosto. O pallaso Roi Macarroni ofrecerá un espectáculo no parque infantil situado sobre a popular praia de Nigrán a partir das 20:30 horas. Humor, maxia e ilusión nunha actuación que sen dúbida deleitará aos máis pequenos.

Foliadas, muiñeiras e alalás para outra fin de semana onde a música do país tingue a noite de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Cantares-do-Brion-imaxe-de-Luis-Garcia-Crego-Venres 3 de agosto: Noitarega , Os Trasnos da Gaita na praza do Concello ás 22:30h.

-Sábado 4 de agosto: Os Terribles de Donas e o Coro Tradicional Cantares do Brión ás 22:30h na Alameda.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL