Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

ARTE RUPESTRE GALEGA - Os escolares visitan a exposición do IEM

Correo-e Imprimir PDF
Oscar - La Voz de Galicia Decenas de nenos visitaron onte a exposición sobre a prehistoria que está aberta na Capitanía Marítima de Baiona. O arqueólogo Xosé Lois Vilar mostrou aos estudiantes fotografias dos principais achados da bisbarra, mentres que Manuel Ledo realizou unha demostración sobre os costumes dos nosos antepasados.

As xornadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos proseguirán mañá con unha conferéncia sobre un caso de esquizofrenia na arte rupestre, a cargo de Antonio de la Peña, do Museo de Pontevedra, ás 20.30 horas.

ARTE RUPESTRE GALEGA: CONSERVACIÃ?N E PATRIMONIO

Correo-e Imprimir PDF

“ARTE RUPESTRE GALEGA: CONSERVACIÓN E PATRIMONIO”  SEMANA DA CIENCIA DE GALICIA, 2005
7-12 NOVEMBRO - CAPITANÍA MARÍTIMA DE BAIONA

Exposición de fotos, calcos e debuxos 
Mañáns visitas escolares
Tardes público en xeral de 18h a 20h

CARLOS BLANCO participará este venres nas TERTULIAS do IEM

Correo-e Imprimir PDF

Como xa é costume, no Pazo da Escola de Mañufe celebrarase este venres, 4 de novembro, a segunda das TERTULIAS do Instituto de Estudos Miñoranos. O acto comezará ás 20:30 h. e nesta ocasión visítanos o actor, autor, director, excelente narrador e moitas outras cousas CARLOS BLANCO que será presentado pola profesora Concha Costas.

O IEM traslada a biblioteca donada por Paco do Rego

Correo-e Imprimir PDF

Francisco del RiegoA biblioteca donada por Francisco do Rego ao concello de Nigrán fai tres anos continua sen poder ser utilizado polo público debido a que o Concello carece dun lugar apropiado para poder gardar os libros. Os exemplares gardabanse en caixas nun aula do coléxio de Maión, pero agora os membros do Instituto de Estudos Miñoranos, encargados da sua custodia, vironse obrigados a trasladálos a un almacén, ao non poder continuar durante mais tempo no centro de ensino por necesidades do enderezo

O IEM espera que o Concello dispoña dun lugar digno onde poder estabelecer definitivamente esta valiosa biblioteca porque a antiga vivenda do conserxe do coléxio Humberto Juanes non lles convence ao estar chea de escombros.

Album de fotos e video do acto de inauguración do monumento na Volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF
000Estimados amigos/as:
Acabamos de publicar as fotos do acto que se celebrou en Baiona, na chamada volta dos nove.
O acto organizado polo IEM, tiña a finalidade de perdurar o recoñecemento a estes 9 veciños do Val Miñor asasinados pola falanxe sen motivo algún.
Un acto cargado de emotividade e sentimento. As fotografías foron cedidas por Rosana Estevez

Participa na homenaxe aos veciños asasinados na

Correo-e Imprimir PDF
O sábado 15 de outubro, ás 12.30 h., procederase á inauguración do Monumento-homenaxe aos nove veciños do Val Miñor asasinados na coñecida como “Volta dos Nove” .

O monumento é un bosque-escultura realizado por Fernando Casás.
A Comisión organizadora chama aos veciños e veciñas do Val Miñor a participar no acto inaugural.

Queremos tanto aos libros - XENTES DO MAR

Correo-e Imprimir PDF

A libreria Libraida e o Instituto de Estudos Miñoranos convidante a participar nas tertulias literarias  "Queremos tanto aos libros "

A próxima tertulia terá lugar o 18 Outubro , ás 20:30 horas, na Librería Libraida , có libro:
XENTES DO MAR TRABALLOS, TRADICION E COSTUMES (de Francisco Calo ) . A tertulia estará a cargo de  Xosé Lois Vilar 

O adestrador de fútbol Fernando Vázquez inicia o novo ciclo das TERTULIAS DO I

Correo-e Imprimir PDF
As TERTULIAS, que se prolongarán ata o mes de xuño, serán clausuradas polo empresario Jacinto Rey

Por cuarto ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha as TERTULIAS DO IEM que teñen como fin achegar ata o Val Miñor diversas persoas que teñen destacado nas súas respectivas actividades para que compartan con todos nós as súas experiencias durante unha xornada. O esquema deste ano mantense como o anterior, esto é primeiro haberá unha conferencia coloquio, sempre no día venres, preferentemente o primeiro de cada mes, que comezará ás 20:30 h e logo unha cea-coloquio (con prazas limitadas) á que se pode asistir mediante reserva no telefono 629 890 320.

Colabora coa homenaxe aos asasinados na Volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF

15 de outubro de 1936. En represalia pola morte dun falanxista, sacan do cárcere de Vigo a nove prisioneiros que son executados na estrada que leva de Baiona á Guarda. Dende entón, en cada aniversario do acontecido e mesmo baixo a máis estricta vixilancia e represión, nove cruces apareceron misteriosamente debuxadas na area no exacto lugar da execución, máis coñecido como “a volta dos 9”.

Na memoria do acontecido, e na memoria de todos os mortos pola liberdade, inaugúrase o próximo día 15 de outubro un pequeno bosque-escultura do artista Fernando Casás: 45 loureiros (a árbore dos heroes) circundan no estreito espazo da “volta dos 9” unha árbore tronzada, como degolada, fundida en bronce, memoria das nove voces caladas naquela data, representación de todas as voces caladas pola represión.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL