Tertulia do IEM con Ã?nxela Rodicio aplazada
O IEM informa que a tertulia que ía ter lugar este venres día 5 coa xornalista Anxela Rodicio queda suspendida por motivos laborais de relatora.
TERTULIAS LITERARIAS
Tertulias Literarias.
Queremos tanto os libros"FOLLAS DO BACALLAU" de Xabier Paz
Presenta Fernando García (Jota)Prf. do IES Escolas Proval.
Nesta ocasión contaremos tamén coa presenza de Xabier Paz 18 de Abril, martes, as 20:30 H, na librería Libraida
Xabier Paz ( A Coruña, 1949 ) reside en Vigo desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, actualmente é investigador (biólogo pesqueiro ) no Centro Costeiro de Vigo (IEO)

Semana da Ciencia 2006 no IES Escolas Proval de Nigrán
Por segundo ano consecutivo no Instituto de Ensinanza Secundaria “Escolas Proval” de Nigrán celebrarase a 2ª Semana da Ciencia. Nesta ocasión o tema elixido foi “Enerxía nas mans”.
A Semana da Ciencia está organizada por varios seminarios docentes deste centro escolar , así como pola Universidade de Vigo, dentro da rede europea “Hands on Science” e conta coa colaboración dos tres concellos do Val Miñor.
Tertulias do IEM con Franciso Fernández Rei
Hoxe venres 7 de abril de 2006 ás 20:30 horas no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar a conferencia –coloquio catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela FRANCISCO FERNÁNDEZ REI dentro do ciclo AS TERTULIAS DO IEM: O autor fala da súa obra. O noso convidado será presentado pola catedrática de Filoloxía Universidade de Vigo, Camiño Noia Campos
Conferencia . A guerra civil no Val Miñor
Amig@s do IEM
O sábado 11 de marzo ás 20 h. no Centro Cultural da parroquia de Baíña, Baiona terá lugar unha conferencia de Xosé Lois Vilar e Carlos Méixome baixo o título de "Da Tomada dos Ineses ata o Mosteiro de Oia pasando pola Volta dos Nove. A guerra civil no Val Miñor".
A conferencia está organizada pola Asociaón Xuvenil e Cultural PEDRA FURADA de Baína.

â??A sanidade galega en tempos de cambioâ?? será o tema a debater nas Tertulias
O próximo venres 3 de marzo de 2006 ás 20:30 horas no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar a conferencia –coloquio co doutor Francisco L. Vázquez Vizoso dentro do ciclo AS TERTULIAS DO IEM: O autor fala da súa obra. O noso convidado será presentado polo tamén doutor Xulio Castañal. Como ven sendo costume tras a charla-coloquio aberta ao público terá lugar unha cea co conferenciante para a que se pode facer a reserva chamando ao teléfono 680 644 490.
Francisco L. Vázquez Vizoso é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Barrié de la Maza financiará a escavación do xacemento máis antigo de Galici
Por Jorge Lamas | La Voz de Galicia 17/02/06
DESCUBERTO EN 1981.
O arquitecto vigués Xaime Garrido atopou fai 25 anos 200 útiles líticos que deron a pista deste xacemento.
No municipio pontevedrés de Gondomar atópase o xacemento paleolítico máis antigo de cantos se coñecen en Galicia. O próximo verán, un equipo multidisciplinar, formado por especialistas de universidades galegas e madrileñas, comezará unha campaña de escavación que será financiada pola Fundación Barrié da Maza.

O cotos de ChaÃn . Presentación do libro
O próximo venres 17 de febreiro de 2006 ás 20 h. no Centro Cultural de Chaín terá lugar o acto de presentación do libro Os cotos de Chaín do que son autoras as profesoras Margarita Miramontes Castro e Purificación González Martínez.
No acto ademais das autoras participará o biólogo, profesor e membro da xunta de Goberno do Instituto de estudos Miñoranos Fernando Lahuerta. O libro editase na colección Os Cadernos do IEM, sendo este o número 10 dos publicados nesta colección.
Ao pasear pola parte alta da parroquia de Chaín, no concello de Gondomar, chama a atención de calquera observador a presenza de numerosos outeiros rochosos, coñecidos aquí como cotos. Non podemos dicir que este tipo de formacións sexan unha rareza nun país granítico como é o suroeste de Galicia; o que os fai singulares é o feito de atopárense en gran número dentro dunha área relativamente pequena, emerxendo entre as casas e os campos dos barrios de Regodagua, Castelo, Igrexa, Pintor e Pedrouco.

Tertulia do IEM con Enrique López Veiga
O próximo venres 10 de febreiro de 2006 ás 20:30 terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar. Nesta ocasión estará con nós o biólogo, deputado, ex - conselleiro de Pesca e veciño de Vincios (Gondomar) Enrique López veiga quen será presentado polo editor Antón Mascato.
Enrique López Veiga (A Coruña, 1947). Doutor en Biolóxicas pola USC e licenciado en Económicas pola U. de África do Sur. Foi investigador do Instituto de Investigacións Pesqueiras (1972-78).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL