Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Nova xiera do IEM ao Chan do Cereixo

Correo-e Imprimir PDF
O xoves 10 de agosto terá lugar unha nova das XEIRAS DO IEM deste verán. Será ao espacio natural e ao xacemento arqueolóxico da Chan do Cereixo. O punto de encontro é no Cruceiro de Mañufe e a hora de saída é, como ven sendo costume ás 17.30h. (cinco e media da tarde).

Situada no limite do concello de Gondomar co de Tomiño, trátase dunha chaira de turbeira na que nace o río Cereixo. Entre os seus valores peculiares destaca a súa escasa altura sobre o nivel do mar, tan só 200 metros.


O Barco da Memoria último día en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe é o útlimo día para desfrutar da visita ao Barco da Memoria o Hidria Segundo barado no peirao de Baiona.
Os actos previstos para a xornada de hoxe mércores céntranse na proxeción dos documentais de Antía Paz e Iñaki Alforja e no recital poético Nove voces para a Volta dos nove..

Visita á exposicion itinerante OS MÁRTIRES DO MAR (a represión franquista contra os mariñeiros galegos)  de 11h. a 14h. e de 18h. a 22h, no interior do barco Hidria Segundo.

Ás 19:30 Proxección do documental FOI NO 36 de ANTÍA PAZ  (Vincios).
Proxección do documental PENAL DE SAN CRISTÓBAL. PAMPLONA. A GRAN FUXIDA DOS CÁRCERES FRANQUISTAS, de IÑAKI ALFORJA e coloquio co seu director.
Presenta: ANTÓN MASCATO, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.

Visita á Chan do Cereixo

Correo-e Imprimir PDF
A segunda das XEIRAS DO IEM deste verán será ao espacio natural e ao xacemento paleolítico da Chan do Cereixo. O punto de encontro é no Cruceiro de Mañufe e a hora de saída é, como ven sendo costume ás 17.30h. (cinco e media da tarde). O xoves 20 de xullo.
Situada no limite do concello de Gondomar co de Tomiño, trátase dunha chaira de turbeira na que nace o río Cereixo. Entre os seus valores peculiares destaca a súa escasa altura sobre o nivel do mar, tan só 200 metros.

O Barco da Memoria en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O BARCO DA MEMORIA visitará Baiona dende o 24 ata o 26 Xullo.
Unha homenaxe aos mariñeiros reprimidos polo réxime franquista.
O barco conta cunha exposición permanente no seu interior e nas vilas que visitará haberá conferencias, homenaxes e concertos.

Un antigo e maxestuoso barco de vapor, o Hidria II, percorrerá nos meses de verán a costa galega para recordar e render homenaxe ás persoas represaliadas tras o golpe de estado franquista na Galiza mariñeira. O Barco da Memoria percorrerá 20 vilas, nas que se desenvolverán actividades de divulgación e de recoñecemento. 

Continúan os traballos de investigación na Chan de Cereixo

Correo-e Imprimir PDF
O pasado luns 3 de Xuño iniciáronse os traballos dirixidos á investigación arqueolóxica do xacemento paleolítico da Chan do Cereixo, en Donas-Gondomar. Este proxecto promovido polo Instituto de Estudos Miñoranos, financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e co apoio decisivo do Concello de Gondomar e da propia Comunidade de Montes de Donas. 

Os primeiros días de traballo centráronse na prospección superficial e intensiva do terreo para buscar posibles restos e indicios así como na selección de áreas prioritarias para a apertura de sondaxes manuais e mecánicos.

ARTE E PUBLICIDADE na galería Iván Morillas de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
Instituto de Estudos Miñoranos e a Galería de Arte Iván Morillas de Sabarís-Baiona continúan coas súas tertulias que deron en denominar O ARTE E A PALABRA. Nesta ocasión tomará a palabra sobre ARTE E PUBLICIDADE o profesor de Debuxo Técnico e EPV do IES Escolas Proval de Nigrán Xosé Manuel Fachal Sanjurjo. 

O acto terá lugar o xoves 13 de xullo ás 20:30 h. na Galería de Arte Iván Morillas (rúa Xulián Valverde, 64, Sabarís, Baiona).
Con esta iniciativa preténdese dotar ao Val Miñor dun punto de encontro e de debate sobre as actividades artísticas máis variadas.

A escola fusilada

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome - Publicado na Peneira
Baixo este rótulo, tomado do documental de Daniel Álvarez e Iñaki Pinedo, celebrouse unha homenaxe aos docentes, mestres e mestras, mortos ou represaliados durante a Guerra Civil e a posterior Ditadura.

A homenaxe, organizada polos movementos de renovación pedagóxica co apoio dos sindicatos de ensinantes e a colaboración da Presidencia e das Consellerías de Educación e de Cultura e Deportes, tivo lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela. No acto tomaron a palabra testemuñas vivas e relevantes como Antía Cal, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo ou Herminio Barreiro Calvete.

A traxedia chega a Tebra

Correo-e Imprimir PDF

Tranvia Vigo Baiona entre o millo


Por Carlos Méixome
Na anterior Chan de Val Verde recuperabamos os nomes de cinco empregados da Compañía de Tranvías de Vigo asasinados na noite, diciamos erroneamente do 22 de setembro do 36, cando en realidade foi na seguinte. A confusión veu orixinada, ademais de pola impericia de quen isto escribe, polos numerosos crimes cometidos en datas moi próximas na bucólica e fermosa parroquia tomiñesa de Santa María de Tebra.

Naqueles días, infortunadamente, viviron xornadas de horror e traballo os veciños de Tebra, de Santa María, que, a ben seguro, atoparon axuda e consolo nalgúns veciños da homónima parroquia de San Salvador. O cemiterio foi un constante ir e vir de xentes traendo cadáveres. No rexistro civil de Tomiño están asentados o día 24 de setembro os tranviarios aos que nos referimos no artigo anterior (José Cabreira Valverde, de Nigrán; Horacio Rouco Álvarez, de Coruxo; Marcelino López Ameneiros, de Lavadores; Álvaro Soliño Araújo, de Teis e Jacobo Barreiro Pereira, de Vigo). Os cinco enterrados no cemiterio de Santa María de Tebra. Non eran os primeiros, nin serían os últimos.

Queremos tanto ao Libros. Tertulia literaria en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Instituto de Estudos Miñoranos e a Libraría Libraida de Gondomar, dentro do seu ciclo QUEREMOS TANTO OS LIBROS organizan a presentación do libro "Discurso e tempo:na procura dun socialismo para Galicia" do que é autor o profesor e dirixente socialista Miguel Barros. 

O libro será presentado polo profesor do IES Val Miñor de Nigrán José Rey Gómez Rodríguez nun acto que terá lugar o venres 7 de xullo ás 20:30 
na Libraría Libraida (rúa Rosalía de Cartro 13, Gondomar) 

Neste acto contaremos coa presenza e intervención do autor Miguel Barros

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL