Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Gondomar abre inscricións para adultos interesados na obtención do título da ESO.

Correo-e Imprimir PDF

casa-cultura-gondomarA Concellaría de Igualdade de Gondomar , en colaboración con Radio ECCA, organizan para o curso 2014/2015 clases dirixidas a adultos que desexen obter o Graduado en Educación Secundaria, ESO. A inscrición debe realizarse na Casa da Cultura asta o día sete de outubro. As clases se impartirán os lúns de 16 horas a 20 horas nol Centro Neural. Información ampliada no Centro de Información á Muller de Gondomar.

Pídenlle a David Cameron que acepte a Galicia en troques a Escocia para unirse ao Reino Unido

Correo-e Imprimir PDF

mirrorRetranca é unha palabra galega que talvez non teña tradución exacta ao inglés. Mais dela sérvese a petición iniciada en Internet para ofrecerlle ao primeiro ministro do Reino Unido, David Cameron, a anexión de Galicia á bandeira da Unión Jack para suplir unha eventual saída de Escocia (en votación na saída deste artigo).

Na carta dirixida ao inquilino do 10 de Downing Street, e que xa asinaron 1.731 persoas dende novembro de 2013, explícaselle que, malia que o poida sorprender, Galicia, como Escocia, é tamén unha nación celta.

Salustiano Mato dálle un tirón de orellas a Feijóo pola "fuga de cerebros"

Correo-e Imprimir PDF

RetratoSalustianoMato

O reitor da Universidade de Vigo denuncia a "fuga de cerebros" que sofren as universidades galegas pola taxa de reposición e pídelle máis implicación á Xunta. Feijóo responde co anuncio de que investirá catro millóns de euros.
Catro millóns de euros. Ese é o diñeiro que quer investir a Xunta para redefinir o modelo dos servizos xerais de apoio á investigación e pasar dun sistema "secundario e disperso" a un "integral e profesionalizado".

VIDEO | Lío dos deputados do PP de Galicia na votación dunha comisión do parlamento galego

Correo-e Imprimir PDF

OS deputados populares alzan a man no momento da votación que logo rectificanOs micros abertos xogan unha mala pasada aos parlamentarios populares e deixa en evidencia o descoñecemento sobre a PNL (proposición non de lei) sobre a que teñen que votar.

O presidente Antonio Mouriño Villar (PP) pregúnta ás compañeiras de mesa, fora de micro, se teñen que estar a favor ou en contra da iniciativa durante a votación da mesma, "A ver estos qué... ¿estamos a favor o encontra?. Claro. En contra no?, No"... "A favor. A favor" e os deputados populares titubean ó alzar a man a favor no momento da votación, imitando os movementos do presidente.  "comunicádevos joder" finaliza o presidente.

13 consellos da Policía Nacional para evitar o ciberacoso aos menores na volta ao cole

Correo-e Imprimir PDF

Axentes da UIT do Corpo Nacional de PoliciaOs expertos da Policía sinalan a volta á rutina tras as vacacións como unha oportunidade para fixar normas de bo uso da tecnoloxía e evitar problemas de privacidade e seguridade.

Nos últimos dous anos multiplicáronse os incidentes aos que se enfronta a Policía Nacional por "bullying" ou "grooming" a través das redes sociais e o móbil.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL