Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Destapan un "Edén de relixiosas" nunha orde con residencia en Oia e Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF

2014 10 20 21614s300xO arzobispado de Tui-Vigo apartou ao líder de Orden y Mandato de San Miguel Arcángel ante as acusacións sobre a súa "conduta moral". Unha noticia denuncia "práctica sexuais" con elementos da misa. Polo menos dúas famosas conviviron coa orde que mantiña unha residencia en Oia. Tamén aloxáronse no antigo convento dos pais franciscanos de San Antonio de Vilariño en Nigrán. Templo ao cal remodelaron e restauraron. Lugar no que participaban da misa e facían vida relixiosa baixo o lema: "lo que Dios quiera, cómo Dios quiera y cuando Dios quiera, con una especial lealtad al Papa".

Incautan 2.500 belotas de hachis a narcos que operaban en toda a provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

operacion-sandaSeis persoas están detidas e a disposición xudicial tras un operativo policial que interceptou dous transportes cun total de 2.500 belotas de hachis procedentes de Marrocos. A banda estaba liderada por unha parella natural do concello de Moaña baixo seguimento policial dende fai seis meses, nun operativo contra o narcotráfico denominado Operación Carreras – Sandá, no que participaron corpos especializados da Garda Civil e a Policía Nacional. A mercadoría incautada está estimada nuns 100 mil euros. O destino da droga era a súa comercialización na provincia de Pontevedra e zonas limítrofes. Os axentes tamén interviron unha importante cantidade de diñeiro en efectivo, dous vehículos, numerosa documentación e efectos, segundo deron a coñecer os corpos de seguridade.

Estiveches sen servizo de internet? Guía de que, cando e como reclamar.

Correo-e Imprimir PDF

Sen internetMilleiros de usuarios e usuarias do Val Miñor quedaron sen servizo a internet da compañía Movistar, por mor dunha incidencia masiva rexistrada dende o xoves pasado que tamén afectaba ás operadoras virtuais que utilizan a infraestrutura da compañía.

Os clientes afectados polo corte no servizo teñen dereito a reclamar pola interrupción si a compañía non lle ofrece unha compensación.

Os medios en galego propoñen unha Lei de Publicidade Institucional transparente

Correo-e Imprimir PDF

O presidente de AMEGA Henrique Sanfiz e os portavoces de AGE e BNG no momento do rexistro da proposta.A Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que forma parte fundacional VM.info, presentou esta tarde no Rexistro do Parlamento Galego unha proposta de Lei de Publicidade Institucional para reclamar transparencia nas axudas aos medios de comunicación.

Fixoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG. A entidade indicou que pretende “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación.

Tes pensado cortar o pelo? Faino hoxe en Vigo para axudar aos enfermos de cancro.

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz do evento"Barberos solidarios contra el cáncer" cortarán o pelo esta tarde na rúa de Príncipe en Vigo para recaudar fondos cun fin benéfico.

Os cortes de pelo custarán 5 euros, que irán destinados íntegramente á Asociación Española contra o cancro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL